Antonio Figueras asina a camiseta da selección. Foto: Gema Checa.

Antonio Figueras asina a camiseta da selección. Foto: Gema Checa.

O galego Antonio Figueras, na Selección Española da Ciencia

O director do IIM de Vigo e colaborador de GCiencia forma parte do equipo de trece científicos escollido polo CSIC e a revista Quo

Antonio Figueras Huerta (Vigo, 1957) foi escollido polo CSIC e a revista Quo como un dos trece integrantes da Selección Española de Ciencia, que recoñece aos científicos máis salientables de España. Toma así o relevo doutra galega, Carmen Martínez, da Misión Biolóxica de Galicia, que formara parte do equipo no pasado ano.

Figueras, tamén colaborador de GCiencia coa súa bitácora Ciencia Mariña e outros asuntos, é profesor do CSIC, membro do grupo de Inmunoloxía e Xenómica e director do Instituto de Investigacións Mariñas de Vigo. É licenciado en Bioloxía pola USC (1979), doutor pola mesma universidade (1984) e científico do CSIC desde o 1987. É autor de máis de 200 artigos científicos publicados en revistas de alto impacto, 34 libros e capítulos de libros, e dirixiu 20 teses de doutoramento. En xullo de 2016, xunto a investigadores da USC, o seu equipo conseguiu a secuenciación completa do xenoma do rodaballo, sendo o primeiro vertebrado secuenciado en España.

Xunto a Figueras aparecen outros nove homes e tres mulleres que traballan en eidos tan diversos como as tecnoloxías cuánticas, a robótica, a paleoxenética, a microanatomía, a protección do medio ambiente, a astrofísica, a intelixencia artificial, a bioloxía molecular, biotecnoloxía, loita contra o Sida, bioloxía mariña ou arqueoloxía botánica. Son Concha Monje (Universidad Carlos III), Carles Lalueza-Fox (Instituto de Biología Evolutiva), Javier de Felipe Oroquieta (Instituto Cajal), Leonor Peña Chocarro, investigadora da orixe e expansión da agricultura co apoio do Consejo Europeo de Investigación (ERC), Xavier Querol, experto en contaminación ambiental, que formou parte do comité asesor do programa Clean Air for Europe (CAFE) da Dirección Xeral de Medio Ambiente da UE, Josep María Trigo (Instituto de Ciencias del Espacio), Ramón López de Mántaras (Instituto de Investigación en Inteligencia Artificial), María Carmen Collado Amores, (Instituto de Agroquímica y Tecnología de Alimentos), Javier Tamayo (Instituto de Microelectrónica de Madrid), Lluís Torner i Sabata (Instituto de Ciencias Fotónicas (ICFO), Guillem Anglada-Escudé (Universidad Queen Mary de Londres) e Alejandro Ocampo (Instituto Salk de Estudios Biológicos de La Jolla).

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.