Sábado 20 Abril 2024

Ángel Carracedo presenta o xoves o premio ‘Contar a Ciencia’ nunha clase aberta

O catedrático de Medicina Legal Ángel Carracedo ofrecerá o vindeiro xoves unha clase aberta na Facultade de Xornalismo de Santiago (11:00h. Aula 1) que servirá coma presentación da terceira edición do premio Contar a Ciencia, que distingue aos traballos xornalísticos realizados por estudantes sobre proxectos e iniciativas desenvolvidas nas universidades galegas e que se relacionan coa ciencia e a tecnoloxía.

Totem Piramide 6 copy

O acto estará aberto aos alumnos de Xornalismo, aos doutras facultades así coma aos medios de comunicación. O prestixioso científico falará sobre a importancia da divulgación científica en xeral e sobre a formación dos futuros xornalistas neste campo. Con este acto quedará aberto o prazo de presentación de proposta para participar nunha nova edición de Contar a Ciencia.

Publicidade

Entre as novidades do premio deste ano resalta que xa non é necesario, coma acontecía anteriormente, que os estudantes escollan proxectos que se estean a desenvolver na súa propia universidade, senón que poden optar por un de calqueira das tres institucións. “la Caixa” e Gciencia son, un ano máis, os impulsores dun premio que aposta por fomentar a información e divulgación científica e achegar aos futuros xornalistas as posibilidades do mundo da ciencia para os seus traballos.

A convocatoria conta co apoio da Secretaría Xeral de Universidades e nela tamén participan as Universidades de Santiago, Vigo e A Coruña e a compañía galega de informática Primux. Os interesados en participar no premio terán que presentar antes do vindeiro 15 de abril unha idea esquemática do traballo que van a desenvolver nunha fase posterior. Poderán participar alumnos de xeito individual ou en grupos de dous.

O premio ‘la Caixa’ de Comunicación Científica universitaria chega á súa terceira edición

Os traballos terán que tratar sobre proxectos de ciencia e tecnoloxía que se estén a desenvolver nunha das tres universidades e podrán consistir en reportaxes escritas, traballos audiovisuais (tamén fotográficos) ou nunha combinación de ámbalas dúas modalidades.

O equipo de GCiencia seleccionará as propostas máis destacadas pola súa calidade, orixinalidade do tema tratado e o seu valor xornalístico e comunicativo. Os autores dos traballos seleccionados disporán ata o día 20 de maio para presentar as súas propostas xa totalmente elaboradas e feitas en galego. Ao longo das semanas seguintes publicaranse en GCiencia todos os traballos que pasen esa primeira proba. O xurado fará público o resultado do concurso a finais do mes de xuño. O traballo que resulte gañador obterá un premio de 700 euros e un dispositivo electrónico da marca Primux, ademais haberá un finalista que será premiado con outro dispositivo electrónico.

Os gañadores da edición anterior de Contar a Ciencia foron os estudantes da Universidade de Santiago David Fontán e André Vicente por un traballo sobre as algas. O premio é unha iniciativa que pretende involucrar aos estudantes galegos no coñecemento da investigación que se fai nos seus campus, moi preto de onde cursan as súas titulación. Ademais, trátase de promover o xornalismo e a divulgación científica entre os futuros profesionais da comunicación.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Gciencia celebra o Día da Lingua Materna cun relatorio sobre a divulgación en galego

A xornalista Laura Filloy abordou a importancia de trasladar o coñecemento científico á sociedade nun acto celebrado no Campus de Lugo da USC

Desmontando Mitos en catro minutos, o novo pódcast da colaboración de Gciencia coa Fecyt

O xornal da ciencia estrea este sábado a cuarta temporada da serie creada para combater falsas crenzas
00:05:26

Gciencia fai 10 anos

O portal da ciencia culmina dez días de celebracións polo seu décimo aniversario

Máis xornalismo e máis divulgación

Editorial de Gciencia polo seu décimo aniversario