Venres 29 Marzo 2024

A porca celta atopa a súa parella ideal

O Duroc Jersey é orixinario dos Estados Unidos.
O Duroc Jersey é orixinario dos Estados Unidos.

A porca celta atopou á súa parella ideal. Chámase Duroc Jersey, unha raza que provén dos Estados Unidos, aínda que ten antepasados europeos, en variedades que desde Estremadura e Portugal cruzaron o Atlántico tras o Descubrimento de América. Coa súa característica cor vermella intensa, o porco Duroc Jersey, cruzado coa porca celta, produce máis carne e de maior calidade, segundo un estudo bioxenético realizado pola Universidade de Santiago. E que foi presentado na bisbarra do Deza.
O obxectivo dos científicos da USC era contribuir á mellora do sector porcino cun estudo biolóxico e xenético encamiñado a obter unha valoración produtiva do crecemento dos animais que beneficie aos criadores de porcos. A investigación foi desenvolvida por Antonio Iglesias Becerra, coordinador do grupo de investigación de Recursos zooxenéticos, da facultade de Veterinaria. Para determinar o mellor cruce, analizáronse as marcas comerciais paternais Mangalica, Landrace, Duroc Jersey e Pietrain, con femias da raza porcina Celta, autóctona de Galicia.

Os porquiños deste cruce medran antes e dan máis rendemento

Os pesos promedio por idade ata os sete meses comportáronse mellor nos cruzamentos Duroc Jersey con Celta, seguidos polos cruces de liñas paternas Landrace e Pietrain, ambos con resultados moi similares. O cruzamento de Mangalica x Celta é o menos eficaz. Baseándose no consumo de alimento, a maior eficiencia para unha idade de sacrificio de sete meses resultaron tamén ser os cruzamentos Duroc x Porco Celta. As avantaxes mantivéronse tamén no horizonte dun ano, aínda que aquí a variedade Pietrain tamén deu bós resultados cos porquiños resultantes.
Os resultados do estudo foron presentados no Instituto de Biodiversidade Agraria e Desenvolvemento Rural (Ibader) da USC. E a investigación foi financiada pola Deputación Provincial de Pontevedra con cargo a fondos europeos, a través do que se persigue mellora a calidade e a competencia do sector porcino na comarca do Deza.
Así que a porca celta xa ten a súa parella ideal. Chámase Duroc Jersey e a súa orixe están nos porcos vermellos que se criaban no Leste dos Estados Unidos a comezos do século XIX. Malia os seus antergos europeos, o Duroc Jersey debe o seu nome ao cruce da raza Jersey Red, de Nova Jersey, coa antiga Duroc de Nova York.

Publicidade

1 comentario

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

As comarcas de Deza e Tabeirós estrearán un sistema de satélites contraincendios

O proxecto europeo FireRS, que lidera a Universidade de Vigo, escolleu o interior de Pontevedra como campo de probas para a súa tecnoloxía

A Xunta comeza a eliminar bambú, mimosa e falsa acacia dos ríos Ulla e Deza

Medio Ambiente vén de comezar a eliminación das especies exóticas invasoras...

Atopan no Deza unha nova variedade de narciso

Investigadores de Forestais de Lourizán fan o descubrimento en Rodeiro e bautizan a planta como Narcisus X Dezanus