Xoves 28 Marzo 2024

A hora de Berlín non inflúe nos nosos ritmos de vida

Sobre o fuso horario hai moita polémica. O coñecido enxeñeiro Sandford Fleming, deseñador do sistema de fusos horarios, sinalou en 1884 na Conferencia do Internacional do Meridiano que as persoas realizan as súas actividades básicas en función luz solar e non polo reloxo. Un estudo realizado polo profesor José María Martín Olalla da Facultade de Física de Sevilla, e publicado na revista Scientific Reports, corrobora esta afirmación.  Di que a toma de decisións como comezar a xornada laboral ás oito depende do amencer, e non do mediodía. Só depende da latitude e a estación do ano. Isto fai que as persoas que viven ao longo dun meridiano non coincidan sempre á hora de realizar as súas actividades.

O profesor chegou a estas conclusións tras analizar as enquisas oficiais do emprego do tempo en dezasete países europeos. Esta información, xunto co fuso horario e os datos xeográficos de latitude e lonxitude permite deducir as condicións de luz ambiental das actividades. Ademais, tamén fai posible desvelar patróns regulares vencellados co día máis curto do ano.

Publicidade

O estudo permite deducir as condicións de luz ambiental das actividades

Os nosos datos seguen os patróns europeos: a hora de Berlín non altera os ritmos de vida do territorio. Isto é, os traballadores de aquí non realizan a súa rutina moi tarde e esta se corresponde co ciclo de luz e escuridade.

O estudo amosa que o amencer invernal, o máis tardío do ano, dispara a actividade humana pola mañá condicionando hábitos como o espertar, que aparecen antes canto máis ao sur. Porén, o anoitecer invernal dispara o peche da actividade humana e incide noutras prácticas como cear, por exemplo, que se fai antes no norte.

A discusión horaria en España non interpretou ben a función do fuso, sinala o artigo. Ignorou a influencia que a latitude, mediante os ciclos de luz e escuridade, ten ritmos de vida humanos. O día invernal, o máis curto e duro do ano, explica os hábitos horarios do continente. O seu amencer ocorre simultaneamente na península Ibérica, Alemaña, Suíza, Francia, Bélxica, Países Baixos, Dinamarca e Suecia. Pola contra, o sol invernal precisa de tres horas para pórse paulatinamente dende Suecia ata a Península. Quen destaca os “anómalos” hábitos vespertinos españois está a describir un fenómeno natural.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A frecuencia das ondas de calor extremas aumentará este século

Varias ondas de calor con efectos mortais afectaron a grandes cidades...

Podemos predicir as secas?

Un modelo matemático, ideado por Robert Monjo, analiza o comportamento dos períodos sen choiva desde 1979 ata 2016 e compáraos con conxuntos de Cantor

España anuncia a compra de vacinas contra a varíola do mono

Galicia conta con tres casos sospeitosos mentres os do resto do país ascenden a 59

Que sabemos sobre o novo brote de varíola dos monos?

O Ministerio de Sanidade e as comunidades autónomas lanzan unha alerta sanitaria despois de detectar oito casos sospeitosos en Madrid