Sábado 20 Abril 2024

A furgoneta de “Saca la Lengua” chega a Galicia para divulgar a ciencia entre a mocidade

Varios centros educativos de Galicia reciben esta semana a visita do proxecto “Saca la lengua”, impulsado polo Centro de Regulación Genómica (CRG) de Barcelona e a Obra Social La Caixa. Esta iniciativa céntrase na elaboración do mapa do microbioma oral, é dicir, o conxunto dos microorganismos presentes na cavidade bucal. Para isto, tomaranse mostras do alumnado que participa na iniciativa.

A bordo da furgoneta que percorrerá estes días Galicia viaxa Luis Bejarano, recoñecido biólogo do CRG, que lles explicará aos mozos e mozas galegos o proxecto no que se atopa inmerso o centro. Nesta edición, a segunda, o CRG pretende afondar no coñecemento do microbioma. Despois de obter unha gran cantidade de datos na primeira edición, o que agora perseguen é comparar e atopar as semellanzas e diferenzas entre o microbioma dos adolescentes e o dos outros grupos de idade ou pacientes doutras doenzas, como a celiaquía, a fibrose quística ou a síndrome de Down.

Publicidade

A actividade en Galicia comezou o luns cunha charla e recollida de mostras no IES David Buján de Campóns da Coruña e unha sesión divulgativa no Concello de Cambre. As actividades continuarán coas visitas ao IES de Ponteceso (martes), CPR Plurilingüe Santiago Apóstol de Ponteareas (mércores), colexio Niño Jesús de Praga de Vigo (xoves) e a asociación Down Vigo (venres).

Para levar a cabo a recollida de datos, a furgoneta do CRG porta consigo unha máquina centrífuga e un conxelador para conservar as mostras, ademais dun aparello miniPCR, que serve para explicar cómo se trata o material recollido ao chegar ao laboratorio.

O proxecto “Saca la lengua” está tamén aberto ao conxunto da cidadanía a través da súa páxina web, no que se poden aportar novas hipóteses de traballo ou prioridades de estudo, así como suxerir novos segmentos de poboación para a recollida de mostras.

 

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

“Anicamento” e “teito de cristal”, entre as novas entradas do Dicionario da Academia

A RAG engade corenta voces como novas acepcións e mellora a definición de 20 lemas na súa última actualización

Unha masa de aire polar desplomará os termómetros en Galicia

As temperaturas caen ata 10 graos a vindeira semana, quedando en valores baixos para a época do ano

▪️ Ten sentido implantar en Galicia a nova medida antitabaco do Reino Unido?

A investigadora da USC Mónica Pérez advirte que nos países con altas taxas de fumadores é difícil que esta medida saia adiante

Galicia rexistrou preto de 43.100 raios en 2023, un 66% máis que o ano anterior

O día co maior número de descargas eléctricas detactadas foi o 9 de setembro, cun total de 10.204