Vista do vídeo en directo dende a ISS.

Vista do vídeo en directo dende a ISS.

A estrela deste Nadal é a Estación Espacial sobre Galicia

A NASA ofrece vídeo en directo para ver Galicia dende o espazo e as mellores horas para observar a ISS

Queres atopar a estrela deste Nadal? Pois vai ser a Estación Espacial Internacional (ISS polas súas siglas en inglés), que está en plena tempada de tránsito sobre Galicia. De feito, vai ser observable todos os días ata o vindeiro 30 de decembro. O bo tempo previsto ata mediados da vindeira semana garante ceos nocturnos despexados para unha observación de éxito.

galicia-video-iss

A NASA ofrece un servizo coa hora exacta na que se pode avistar no ceo a ISS. Abonda con buscar nun mapa a túa localidade. En Santiago de Compostela, por exemplo, recomendan entre as 18.40 horas e as 20.30 horas dos vindeiros días como os mellores momentos para ver a Estación Espacial. No ceo, obsérvase como se fose un avión a moi alta velocidade, ou como unha estrela fugaz chamativa por ser moi brillante. Segundo as épocas, estas condicións acontecen en todo o planeta entre dúas veces por semana e unha vez cada dous meses. En Galicia, este Nadal vai ser tempada alta de avistamentos da ISS.

Ademais, tamén é posible facer ao revés. E ver Galicia dende a Estación Espacial. A NASA ofrece un vídeo en directo en ‘streaming’, no que se pode ver  a Terra dende a cámara HD Earth Viewing Experiment.

A ISS (polas súas siglas en inglés), dá 16 voltas á Terra cada vintecatro horas. Orbita a 27.750 quilómetros por hora, a unha altura de 360 quilómetros. Dende que foi lanzado polos rusos en 1998 o primeiro módulo, chamado Zarya, a ISS ten realizado máis de 80.000 órbitas. Dende o ano 2000, está habitada de xeito permanente. E, como as xornadas na estación espacial teñen tantos ‘días’, o tempo dá para moito. Malia facer importantes experimentos, os astronautas adoita fotografar o planeta Terra, sobre todo dende o módulo cúpula, construído como un miradoiro. Aquí podes ver varias das mellores fotos que teñen sacado de Galicia dende a Estación Espacial Internacional.

 

Unha resposta a “A estrela deste Nadal é a Estación Espacial sobre Galicia”

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.