Tamara Sotelo. Foto: CSIC.

Tamara Sotelo. Foto: CSIC.

A Deputación de Pontevedra premia as mellores teses

A institución anuncia os seus premios anuais para dez traballos científicos sobre 34 presentados

Os Premios Provinciais á Investigación 2015 xa teñen gañadores e gañadoras, despois de que o xurado cualificador seleccionase os 10 traballos gañadores dun total de 34 presentados. Así, na categoría ‘Humanidades e Ciencias Sociais’ resultou gañador o traballo titulado “Estado da conservación dos castros da comarca do Deza”, que unha vez aberta a plica resultou ser autoría de Antonio Presas García (Lalín). Na categoría ‘Provincia de Pontevedra’ premiouse o traballo titulado “Cabaqueiros nos reais arsenais. Ferrol como principal destino dos ‘maestros texeros’ do Baixo Miño (1750-1850)”, de María de los Ángeles Verea Castelo (A Coruña). Na categoría ‘Ciencias e Tecnoloxía’ gañou o traballo titulado “Novas achegas á xestión dos recursos mariños mediante o uso de modelos de regresión non paramétricos”, da autora Marta Sestelo Pérez (Vigo). Neste traballo tamén figuran como coautores Javier Roca Pardiñas e Nora Martínez Villanueva. Estes tres premios están dotados con 3.000 euros cada un.

No apartado de Novos Investigadores, gañou na categoría de ‘Humanidades e Ciencias Sociais’ o traballo titulado “Arquitectura comunitaria como transformadora de procesos soscias. O caso de ‘A Fraga’, de Jorge Enríquez Méndez (Tui). No mesmo apartado, categoría ‘Novas Tecnoloxías’ resultou premiado o traballo “Paralelización e modificación do algoritmo de lusterign k-means en GPUs para o conteo eficiente de células somáticas en lácteos” de Adrián Pérez Diéguez (Pontevedra).

O premio Carmela Arias foi declarado deserto nesta edición

No apartado de Teses de Doutoramento, categoría ‘Humanidades e Ciencias Sociais’ foron premiados tres traballos. “Plateiros portugueses en Galicia. O obradoiro dos Cedeira (1542-1667)” de Diana Dúo Rámila (Pontevedra); “A vida musical na provincia de Pontevedra (1878-1003)” de Nuria Barros Presas (Campo Lameiro); e “Canitrot e os sistema literario galego no tránsito de século. Un proxecto didáctico entre o humanismo e a estética galega” de Carlos Gegúndez López (Lugo). No mesmo apartado, categoría ‘Ciencias e Tecnoloxía’ resultaron gañadores dous traballos. “Brassica oleracea como fonte de compostos biosaudables: aproximación xenética” de Tamara Sotelo Pérez (Bueu); e “Efectos da isatina sobre a neurotransmisión dopaminérginca no núcleo estriado. Un estudo in vivo mediante microdiálise cerebral” de Lorenzo Antonio Justo Cousiño (A Lama).

Tanto os premios do apartado Novos Investigadores como do apartado Teses de Doutoramento están dotados con 2.000 euros cada un. Nesta edición, o xurado acordou declarar deserto o premio Carmela Arias Días de Rábago. Este premio establécese para recoñecer traballos referidos a persoeiros da provincia de Pontevedra no ámbito local, provincial, galego ou internacional, que se caractericen pola súa contribución á mellora e ao desenvolvemento de Galiza.

Tanto os premios Traballos de Investigación como Novos Investigadores recoñecen traballos inéditos e redactados especificamente para esta convocatoria. Para garantir o anonimato dos traballos, en ambos premios se esixe que sexan presentados baixo lema sen que conste a identificación do autor ou autora. No caso de Teses de Doutoramento, teñen que estar defendidas no período comprendido entre os anos 2014 e o 2015 en calquera das universidades galegas. Tamén se admiten teses defendidas noutras universidades, sempre que versasen sobre temática galega.

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.