Venres 29 Marzo 2024

A conexión galega dos novos premios Nobel de Química

O deseño e síntese de máquinas moleculares valeulle a concesión do Premio Nobel aos investigadores Jean-Pierre Sauvage (University of Strasbourg), Sir J. Fraser Stoddart (Northwestern University) e a Bernard L. Feringa (University of Groningen). Pero existe unha conexión galega para dous destes científicos. Stoddart traballa con investigadores da Universidade da Coruña, mentre s que Feringa o fai cos do CIQUS da Universidade de Santiago, cidade que visitou recentemente para impartir unha conferencia xustamente sobre sistemas moleculares dinámicos.

Peña, Feringa, Fañanás e López.
Peña, Feringa, Fañanás e López.

Ademais da súa presenza nas aulas composteláns como conferenciante, Feringa mantén unha estreita relación investigadora con persoal da USC, como ilustra a súa habitual presenza en actividades promovidas polo grupo de José L. Mascareñas como o feito de que tres investigadores principais de proxectos acubillados no Centro Singular de Investigación en Química Biolóxica e Materiais Moleculares (CiQUS) teñan sido investigadores posdoutorais no laboratorio do novo Nobel.

Publicidade

Tanto Fernando López como Diego Peña foron bolseiros Marie Curie durante 2002 e 2003 no laboratorio do premio Nobel para traballar en proxectos de catálise enantioselectiva e de catálise asimétrica, respectivamente. En 2009, o tamén investigador da USC Martín Fañanás incorporouse ao grupo de Feringa como investigador posdoutoral subvencionado polo ministerio. En 2011 sería nomeado pola Universidade de orixe de Ben Feringa como investigador asociado para traballar no desenvolvemento do acoplamento cruzado de reactivos orgánicos de litio oy en procesos de oxidación catalítica, entre outros.

Ademais, A Coruña ten estreita relación con outro dos nobe, o británico Fraser Stoddart. O equipo de investigación da Universidade da Coruña de Química Supramolecular, que coordina o profesor Carlos Peinador Veira, colabora co grupo de investigación de Stoddart, e están ultimando a publicación dun artigo científico, “paper”, conxuntamente.

As máquinas moleculares son o ámbito de traballo no que participan os investigadores da UDC pertencentes ao grupo de Química Molecular e de Materiais, Quimolmat, no Centro de Investigacións Científicas Avanzadas, CICA, da universidade coruñesa. Segundo explicou o investigador Carlos Peinador, “traballamos en estruturas supramoleculares de tamaño nanométrico que funcionen como máquinas moleculares”.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un equipo galego sinala os lípidos en sangue como biomarcadores de covid persistente

Investigadores do CiQUS ofrece unha nova perspectiva sobre a natureza desta enfermidade e abre a porta a diagnósticos e tratamentos máis específicos

Un equipo con participación galega desenvolve un novo tipo de axente contra o cancro

O composto actúa de maneira potente e selectiva sobre a respiración mitocondrial das células nai do tumor, diminuíndo o seu potencial canceríxeno

A USC desenvolve un novo método para a entrega directa de fármacos no interior celular

O novo nanotransportador é capaz de fusionarse coa membrana plasmática e liberar moléculas bioactivas no citosol

A USC busca mellorar a eficacia dos tratamentos con células CAR-T en tumores sólidos

Marisa Juanes e Alberto Fuertes encargaranse de desenvolver o sistema de transporte que permita introducir ácidos nucleicos en linfocitos T