Español | English |
A ciencia ten o seu fogar nun cubo de vidro preto da praia deRiazor. Trátase do edificio Prisma de Cristal, que acolle a sede na Coruña do Museo Nacional de Ciencia e Tecnoloxía. Dende a súa inauguración en 2012, é un dos centros culturais máis visitados de Galicia e a súa misión é conservar e divulgar a historia dos avances científicos.