Baixo do mar da ría de Vigo, hai un santuario natural onde ferve a vida. Xunto ás illas Cíes, no Parque Nacional das Illas Atlánticas, polbos, luras e chocos son os protagonistas do proxecto Cefaparques, unha investigación que fixo grandes descubrimentos sobre a vida dos esvaradizos cefalópodos. O científico Ángel Guerra, do Instituto de Investigaciones Mariñas do CSIC, liderou este espectacular traballo que tamén achega un impresionante documental audiovisual.
Excelente trabajo.