Xoves 25 Abril 2024

A profesora da USC Dolores Cortina dirixe un proxecto europeo sobre física das estrelas

A profesora da USC e integrante do Instituto Galego de Física de Altas Enerxías (IGFAEDolores Cortina foi elixida coordinadora do experimento R3B, unha das colaboracións científicas máis importantes do centro de investigación FAIR dedicada ao estudo da estrutura nuclear e o funcionamento das estrelas. Cortina terá entre as súas responsabilidades dirixir a posta en funcionamento deste experimento a partir de 2018, liderando unha colaboración na que participan 230 investigadores de 15 países.

R3B (acrónimo de ‘ Reaccións con Feixes Relativistas Radioactivos) é un dispositivo experimental avanzado e versátil que se atopa actualmente en construción. Utilizando partículas radioactivas a velocidades próximas ás da luz, permitirá desenvolver un amplo programa de investigación que abordará cuestiones cruciais para a física nuclear, como o estudo de propiedades fundamentais dos núcleos atómicos e da forza responsable de unir os protóns e neutróns que os forman, así como de reproducir as reaccións que teñen lugar nas estrelas e que son responsables de xerar a súa enerxía e crear os elementos presentes no Universo.

Publicidade

Vista aérea do futuro emplazamento do FAIR en Darmstadt (Alemaña). Foto: GSI/FAIR.
Vista aérea do futuro emplazamento do FAIR en Darmstadt (Alemaña). Foto: GSI/FAIR.

Varios centros de investigación do CSIC, a UVigo e a USC participan neste experimento dende o seu inicio, centrándose na construción dun dos seus compoñentes, o calorímetro Califa, onde se mide a enerxía das partículas que se estudan en R3B. Dolores Cortina é responsable tamén do deseño e construción de Califa, outro dos fitos dunha traxectoria que lle valeu coordinar agora a fase final da construción de todo o experimento, cuxo custe total ascende a aproximadamente 25 millóns de euros.

Entre as novas responsabilidades da profesora Cortina está a de conducir á colaboración internacional do experimento R3B ata a operación completa de FAIR, o novo centro de investigación en física nuclear que se constrúe nas lindes do complexo GSI en Darmstadt (Alemaña). Esta operación comezará en 2018 coa realización dos primeiros experimentos da súa Fase 0 en GSI, algúns dos cales liderará o equipo da Universidade de Santiago de Compostela da profesora Cortina.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

O James Webb detecta a galaxia ‘morta’ máis antiga coñecida

Un equipo internacional de astrónomos, con participación española, observou que a formación estelar non formaba novas estrelas 700 millóns de anos despois do Big Bang

Descubertos seis exoplanetas que ‘bailan’ de forma sincronizada arredor da súa estrela

Os planetas posúen unha configuración que apenas cambiou desde hai máis de mil millóns de anos

O comportamento humano altérase de xeito notorio en grupos de máis de 180 persoas

Unha nova análise matemática permite comprender como cambiará unha empresa ou unha rexión por medrar de tamaño

Galicia avanza para contar cos seus propios medicamentos CAR-T nos próximos anos

A finais de ano abrirá un centro de produción en Santiago e un proxecto de investigación traballa para aplicalos en tumores sólidos