Placa conmemorativa da Praza Stephen Hawking de Fisterra. Foto: Facebook do Concello de Fisterra.

Placa conmemorativa da Praza Stephen Hawking de Fisterra. Foto: Facebook do Concello de Fisterra.

Unha praza en Fisterra para Stephen Hawking

O científico visitou Galicia en varias ocasións, a última no 2015, para participar no programa ConCiencia da USC

Hai nove anos, o célebre científico Stephen Hawking, o máis coñecido estudoso da orixe do Universo e dos buracos negros, chegou á Fin do Mundo, en Fisterra. Veu a Galicia convidado polo catedrático de Electromagnetismo da USC Jorge Mira, que a través do Programa ConCiencia trouxo ao noso país a decenas de eminentes científicos. Na súa visita, Hawking foi recibido polas autoridades locais e visitou o Cabo Fisterra, onde quedou marabillado pola beleza do lugar. Dende o ano 2017, a explanada situada antes do camiño que conduce ao edificio do faro, un dos lugares máis visitados de Galicia, leva o seu nome: Praza Stephen Hawking.

Na inauguración oficial no mes de abril participaron, entre outros, o alcalde de Fisterra, José Marcote, a Cónsul Honoraria do Reino Unido en Galicia, María García de la Concha, e o propio Jorge Mira.

A primeira vez que o científico británico estivo en Galicia foi en setembro de 2008, cando recibiu o Premio Fonseca que outorga o Programa Conciencia e impartiu unha conferencia no Palacio de Congresos de Galicia, en Santiago.

Nos últimos anos, regresou en dúas ocasións. En outubro de 2014 estivo en Vigo como pasaxeiro do cruceiro “Oasis of the seas” e degustou ostras na Pedra. E xusto un ano despois, Stephen Hawking estivo no parador de Cambados tras chegar de novo a Vigo nun cruceiro. Visitou tamén o pazo de Rubiáns, en Vilagarcía de Arousa.

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.