Investigadores do Oncomet, na presentación da campaña de micromecenado.

Investigadores do Oncomet, na presentación da campaña de micromecenado.

Oncomet, unha campaña de éxito con medio millón en doazóns

Máis de 4.000 persoas achegaron fondos para a súa investigación da biopsia líquida contra o cancro

Todo un éxito. A campaña de mecenado para investigar na biopsia líquida do Grupo de Oncoloxía Médica Traslacional (Oncomet) do Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago superou os seus obxectivos. Pedían medio millón de euros en doazóns. E pecharon a iniciativa ás 00.00 horas do mércores 12 de abril cunha recadación total de 548.178 euros.

Oncomet foi unha das novas do ano con esta campaña novidosa en Galicia, que se saldou cun grande apoio popular e que estivo presente en lugares tan dispares como os partidos de fútbol do Celta e do Deportivo. Nin en Galicia nin en España había costume de que os grupos de investigación médica pediran axuda á sociedade para financiar os seus estudos. Unha das claves do seu éxito foi a natureza da súa técnica, anunciada como unha revolución na loita contra o cancro, que só en Galicia causa máis de 8.000 mortes cada anoRafael López López, director da investigación, salientaba en entrevista con GCiencia que “apoiar a biopsia líquida é investir en nós mesmos”.

A recadación destínase á compra de tecnoloxía, a contratar persoal e a aplicar avances a través da análise de mostras de máis de 300 pacientes galegos, sobre todo de cancro de colon e mama.

O obxectivo perseguido por Oncomet é “desenvolver un proxecto de investigación dirixido a caracterizar distintos tumores mediante mostras de sangue (Biopsia Líquida) de pacientes oncolóxicos de Galicia, co obxectivo de estudar a súa evolución e obter información sobre os mecanismos polos que se produce a metástase ou se desenvolven resistencias aos distintos tratamentos”.

En concreto, estes investigadores buscan marcadores que proporcionen información sobre o tratamento que é mellor escoller e en que momento os pacientes deixan de responder a eses fármacos. Tamén buscan marcadores que permitan diagnosticar a enfermidade en estadios temperáns. A biopsia líquida é unha das principais liñas de investigación internacionais para avanzar contra o cancro.

Máis de 4.000 persoas fixeron doazóns na campaña de Oncomet. Na súa inmensa maioría foron cidadáns a título individual, aos que se sumaron iniciativas colectivas, dende carreiras populares, mercadillos ou recadacións en diferentes asociacións. O éxito deste campaña de Oncomet é un fito na historia da investigación non so en Galicia, senón en toda España, onde non hai precedentes dunha movilización como esta.

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.