Venres 29 Marzo 2024

Nace na Coruña a cátedra de divulgación científica Isabel Zendal

O reitor da Universidade da Coruña, Julio Abalde, e o alcalde do Concello da Coruña, Xulio Ferreiro, presentaron o 21 de decembro a Cátedra de Divulgación Científica “Isabel Zendal”.

Nun acto celebrado no Paraninfo da UDC, o escritor Javier Moro e o xornalista Antonio López Mariño impartiron unha charla sobre Isabel Zendal e a Real Expedición Filantrópica da vacuna. Isabel Zendal foi enfermeira do Hospital de Caridade da Coruña. Participou na Real Expedición Filantrópica da Vacina de varíola de Francisco Xavier Balmis ao coidado dos 22 nenos de entre tres e nove anos da Casa de Expósitos da Coruña que foron desde A Coruña a México e dos 26 que foron desde Acapulco a Filipinas durante os dez anos que durou a expedición para levar a vacina a América. TVE gravou recentemente unha serie sobre esta expedición, na que Zendal é interpretada pola viguesa María Castro.

Publicidade

Na presentación da cátedra entregáronse os premios Expociencia 2016

Finalmente, este acto organizado pola Unidade de Divulgación Científica e Cultural da UDC pechouse coa entrega de premios de divulgación científica Expociencia 2016, que se convocaron coa colaboración da Deputación da Coruña. A primeira convocatoria destes galardóns constou de tres modalidades: pósters innovadores que respondan a preguntas de ciencia básica e aplicada; fotografía científica e traballos audiovisuais. Así o xurado decidiu, na categoría de Póster innovador, entregar o primeiro premio a “Las mantis ateas”, de Marta Ramírez Angulo e o segundo premio a “Contaminantes emerxentes: os ftalatos”, de Ana Isabel Mañán Rivadulla, e un terceiro premio para “Mechanical characterization of structural adhesives for crashworthiness Applications”, de Mario de Lucio Alonso.

Na modalidade de Fotografía científica, o primeiro premio é para “As cores dos anfibios” de Pedro Vázquez Álvarez; segundo premio: “Salud y medio ambiente”, de Silvia Veiga Seijo e Raquel Veiga Seijo; e terceiro premio: “A vida do outono”, de Antía Pintor Labandeira. E na modalidade de Traballos audiovisuais entregaouse o primeiro premio a “Vida entre roca y marea” de Carlos Veloy Domínguez.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un equipo da UDC aposta pola tecnoloxía dos videoxogos para mellorar a simulación industrial

Os investigadores Javier Pernas e Diego Crespo, da Área de Organización Industrial do Grupo Integrado de Enxeñaría do CITENI, publican no 'Journal of Simulation' o seu último avance

Pódcast | Reloxos intelixentes e medicina do sono: así nos axuda a tecnoloxía a vivir mellor

Os investigadores do CITIC Diego Álvarez e Patricia Concheiro analizan no sétimo episodio de O Descodificador as aplicacións biomédicas da IA

Aumenta a matriculación feminina en Enxeñaría Informática na UDC e na UVigo

Na universidade coruñesa as rapazas xa representan un 18% das incorporacións, mentres que na viguesa acadan o 19%

A RAGC premia ao equipo da UDC que busca métodos para identificar microplásticos no medio

Os Premios de Investigación Ernesto Viéitez Cortizo 2023 conceden dous áccesits, un para a USC e outro para a UDC