Os arqueólogos analizan os restos de 'Cornelia', o esqueleto dunha muller nova atopada este luns. Foto: Depo.es.

Os arqueólogos analizan os restos de 'Cornelia', o esqueleto dunha muller nova. Foto: Depo.es.

O achado dun bebé de hai dous mil anos abre novas vías de estudo na Lanzada

Segundo os arqueólogos, este achado supón unha novidade antropolóxica xa que se pensaba que non se enterraba aos nenos menores dun ano

Cincuenta anos despois da aparición dos últimos restos humanos que se atoparon no castro da Lanzada, en Sanxenxo, o equipo de arqueólogos que desenvolve nos últimos anos as escavacións no lugar atopou en só dous días de setembro de 2016 dous esqueletos separados por apenas seis metros de distancia e lonxe da zona da necrópole onde se concentraban ata o momento os anteriores achados.

Os restos poderían datarse no século I d.C.

Nun primeiro momento deuse a coñecer a aparición dos restos dunha muller nova, que os encargados da escavación bautizaron como Cornelia. Segundo o responsable dos traballos, Rafael Rodríguez, o achado deste corpo supuxo “a confirmación da extensión da necrópole galaico-romana ata a área de ocupación, ao carón das vivendas”.  Os indicios atopados nos restos apuntabam a que poderían datarse no século I despois de Cristo.

E case sen tempo para valorar a magnitude do primeiro descubrimento, a Deputación de Pontevedra anunciou ao día seguinte o descubrimento do esqueleto dun bebé duns catro meses de idade. Segundo a doutora Olalla López, da Universidade de Santiago, que tamén participaba nos traballos que se están levando a cabo na Lanzada, o achado da criatura foi unha importante novidade desde o punto de vista antropolóxico, xa que se pensa que naquela época non se enterraban os menores dun ano.

Restos do bebé de catro meses atopado no xacemento. Foto: Depo.es.

Restos do bebé de catro meses atopado no xacemento. Foto: Depo.es.

Estes dous descubrimentos supuxeron un importante pulo para a intervención arqueolóxica no Campo da Lanzada, un asentamento clave para coñecer a Idade de Ferro no noroeste peninsular. Os traballos, que se desenvolven no marco dun acordo asinado entre a Deputación de Pontevedra e o Ministerio de Fomento, pretenden triplicar a zona accesible da escavación e poñer en valor a área romana do recinto para datar con máis exactitude os restos atopados. Ata o momento xa se atoparon máis de 3.000 pezas da época romana, amais de desenterrar e consolidar estruturas romanas e castrexas.

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.