Elba, a pastora de hai 9.300 anos que morreu no Cebreiro.

Elba, a pastora de hai 9.300 anos que morreu no Cebreiro.

Identifican a Elba, unha pastora ‘galega’ que viviu hai 9.300 anos

O Instituto Parga Pondal reconstruíu o aspecto e a vida desta muller do Mesolítico que morreu cando viaxaba co seu rabaño de uros

Medía un metro e medio. Era intolerante á lactosa. Tiña unha cicatriz na cabeza, padecía artrose e sufría dor de moas. Un día de hai 9.300 anos camiñaba por unha senda de montaña, preto de Pedrafita do Cebreiro. E caeu accidentalmente nunha sima, xunto cos tres exemplares de uro -un xigante vacún xa extinto- que compoñían o seu rabaño. Agora, 93 séculos máis tarde, esta pastora ten nome: Elba, unha homenaxe á palabra nunha lingua celta que significa ‘a que vén dos montes’. E os que a ‘bautizaron’ foron os científicos do Instituto de Xeoloxía Isidro Parga Pondal, xunto a prestixiosos xenetistas galegos que documentaron, en maio de 2017, a vida desta muller, ata agora descoñecida.

Reconstrución parcial de Elba.

Reconstrución parcial de Elba.

Os restos de Elba foron atopados na chamada Cova do Uro. Apareceu primeiro o cráneo en 1996 e logo os outros restos. A revista Cadernos do Laboratorio Xeolóxico de Laxe, do Instituto Parga Pondal, publicou unha exhaustiva investigación, que ofrecía todos os datos sobre esta muller do Mesolítico.

Sábese que Elba morreu entre os 20 e os 40 anos, e que tiña cabelo e ollos escuros. Tamén, nun informe antropolóxico forense, os investigadores puideron reconstruir o aspecto que podía ter esta pastora. E non só fixeron un debuxo aproximado, senón tamén unha proxección en tres dimensións, como a que vemos na imaxe.

Grazas á investigación do Instituto Parga Pondal, Elba conveeteuse na primeira muller do Mesolítico estudada xenéticamente na península Ibérica. E grazas a esta revolucionaria investigación podemos coñecer a súa vida de hai nove milenios.

Aquí podes ler a investigación completa
nos Cadernos do Laboratorio Xeolóxico de Laxe

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.