Xoves 28 Marzo 2024

Galchimia e AllGenetics, gañadoras dos II Premios Galicia Spin-off

A empresa coruñesa AllGenetics e a compostelá Galchimia foron as gañadoras da segunda edición dos Premios Galicia Spin-off, nas categorías Idea Emerxente e Selo de Calidade, respectivamente. Pastor e o portal GCiencia organizaron en 2016, por segundo ano, uns premios que distinguen as empresas galegas máis innovadoras e que teñen unha forte vinculación coa universidade.

Carme Pampín, fundadora e CEO de Galchimia.
Carme Pampín, fundadora e CEO de Galchimia.

O xurado realizou un exhaustivo traballo para elixir aos gañadores entre as candidaturas que se presentaron nas dúas categorías. No apartado de Idea Emerxente, que recoñece unha iniciativa empresarial pioneira e de éxito, a gañadora foi AllGenetics, unha empresa creada en 2011, especializada na área do xenoma e vinculada á Universidade de A Coruña. Entre os seus méritos figura ser a primeira empresa do mundo que pon as técnicas de análise do xenoma ó servizo de empresas do sector de Ecotoxicoloxía.

Publicidade

A finalista nesta categoría foi Lupeon, empresa adicada á impresión 3D baixo demanda que foi creada en 2013 por dous curmáns, alumnos da Universidade de Vigo. Na súa corta existencia, a empresa xa desenvolveu proxectos para o sector da automoción, aeronáutico e sanitario, entre outros, e ten unhas importantes expectativas de crecemento.

A finalista foi a empresa Lupeon, de impresión 3D baixo demanda

No apartado Selo de Calidade, que recoñece unha traxectoria consolidada e de prestixio, a gañadora deste edición foi a empresa compostelá Galchimia, unha compañía nacida no ano 2001 e creada por dous químicos procedentes da Universidade de Santiago, que ao longo dos anos conseguiu converterse en líder español no sector de Química Orgánica Sintética. Galchimia prové de servizos de análise, síntese e desenvolvemento de procesos ás industrias química farmacéutica, veterinaria, agrobiotecnolóxica e biotecnolóxica para o descubrimento e desenvolvemento de novos fármacos.

Os premios Galicia Spin-off incrementaron considerablemente a participación na edición de 2016, ao contar cun total de 16 candidaturas, fronte as 10 rexistradas en 2015. Entre as candidatas atopábanse empresas de sectores moi diversos coma  a mellora da produción agroalimentaria, a xeración de software innovador ou a investigación química en diversos eidos. A votación final foi moi pechada xa que a maioría das candidatas acadaron importantes resultados na comercialización dos seus produtos e servizos, tanto en España coma no exterior. O xurado estivo formado por representantes da Secretaria Xeral de Universidades da Xunta, da Real Academia Galega das Ciencias, do CSIC, do Pastor e de Gciencia.

Verónica Rojo, directora da división corporativa AllGenetics Analytics.
Verónica Rojo, directora da división corporativa AllGenetics Analytics.

En Galicia, o Grupo Banco Popular conta con 259 oficinas e máis de 700.000 clientes, dos que 127.000 son pemes, autónomos e comercios. Mediante Pastor, Galicia é o principal mercado do banco, onde conta coa maior cota de todo o territorio nacional, tanto en créditos como en depósitos. Pastor apoia aos emprendedores e aos empresarios galegos e proba diso é que tras a integración no Grupo Banco Popular, sumaba algo máis do 18% de cota de mercado en créditos e actualmente a súa cota é do 21´84%. En definitiva, trátase de apostar por Galicia e de materializar o seu compromiso a longo prazo coas súas familias, empresas, autónomos e comercios.

Os premios entregáronse nun acto celebrado en outubro na Fundación Barrié de Vigo. Asistiron, entre outras autoridades, o alcalde de Vigo, Abel Caballero e o conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Gciencia celebra o Día da Lingua Materna cun relatorio sobre a divulgación en galego

A xornalista Laura Filloy abordou a importancia de trasladar o coñecemento científico á sociedade nun acto celebrado no Campus de Lugo da USC

Desmontando Mitos en catro minutos, o novo pódcast da colaboración de Gciencia coa Fecyt

O xornal da ciencia estrea este sábado a cuarta temporada da serie creada para combater falsas crenzas
00:05:26

Gciencia fai 10 anos

O portal da ciencia culmina dez días de celebracións polo seu décimo aniversario

Máis xornalismo e máis divulgación

Editorial de Gciencia polo seu décimo aniversario