Xoves 28 Marzo 2024

O CiQUS deseña enzimas artificiais para actuar no interior das células

O traballo do proxecto MetBioCat da USC, dirixido polo profesor José Luis Mascareñas e financiado coa axuda Advanced Grant do Consello Europeo de Investigación, ofrece cada pouco saborosos froitos. En setembro de 2016, o grupo, pertencente ao CiQUS (Centro Singular de Investigación en Química Biolóxica e Materiais Moleculares) da USC fixo pública a demostración, por primeira vez, da posibilidade de introducir enzimas artificiais no interior das células para provocar transformacións químicas que non existen na natureza. O deseño destes compostos supón un dos maiores retos que se sitúan na fronteira entre as disciplinas da química e a bioloxía celular.

Con este avance, podería alterarse de forma selectiva o funcionamento da célula

O resultado desta investigación foi publicado en Nature Communications. Xunto a Mascareñas, tamén participaron os investigadores María Tomás, Miguel Martínez e José Couceiro. Empregaron un complexo metálico composto por rutenio que é capaz de atravesar as membranas celulares e acumularse de forma preferente na mitocondria. Este composto conseguiría inducir a transformación de substratos esóxenos e xerar produtos activos. Deste xeito, sería posible alterar de forma selectiva o funcionamento da célula, mediante a introdución de substratos inertes que se converten en activos só cando se atopan co catalizador.

Publicidade

Esquema do efecto que provoca a acumulación de rutenio na mitocondria.
Esquema do efecto que provoca a acumulación de rutenio na mitocondria.

Esta metodoloxía abriu a porta ao desenvolvemento de ferramentas que poderían permitir manipular a vida celular de xeito programado, coa vista posta no desenvolvemento de novas estratexias terapéuticas, segundo informan desde a USC.

“Temos que ser prudentes”, afirmaba, de todos modos, o profesor José Luis Mascareñas. “Trátase dunha investigación dirixida á xeración de coñecemento novo; aínda hai moito que facer e averiguar ata que poidamos pensar en posibles aplicacións prácticas. Son proxectos de alto risco que presentan moitas dificultades, entre outras, polos problemas de biocompatibilidade entre complexos metálicos non naturais e as células de organismos vivos”, sinalou Mascareñas.

“Temos que ser prudentes; aínda hai moito que facer”, sinala Mascareñas

Este grupo de investigación xa fora capaz de demostrar a posibilidade de introducir substancias metálicas con rutenio no interior das células. O avance deste novo estudo recaía na introdución destes compostos nas mitocondrias, uns orgánulos que actúan como fonte de enerxía para moitas das tarefas que realizan os seres vivos.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un equipo galego sinala os lípidos en sangue como biomarcadores de covid persistente

Investigadores do CiQUS ofrece unha nova perspectiva sobre a natureza desta enfermidade e abre a porta a diagnósticos e tratamentos máis específicos

Un equipo con participación galega desenvolve un novo tipo de axente contra o cancro

O composto actúa de maneira potente e selectiva sobre a respiración mitocondrial das células nai do tumor, diminuíndo o seu potencial canceríxeno

A USC desenvolve un novo método para a entrega directa de fármacos no interior celular

O novo nanotransportador é capaz de fusionarse coa membrana plasmática e liberar moléculas bioactivas no citosol

A USC busca mellorar a eficacia dos tratamentos con células CAR-T en tumores sólidos

Marisa Juanes e Alberto Fuertes encargaranse de desenvolver o sistema de transporte que permita introducir ácidos nucleicos en linfocitos T