Xoves 18 Abril 2024

África González, finalista dos premios europeos ás mulleres innovadoras

“Gústanme os retos e non teño medo, por iso tamén no seu día me metín no tema da empresa”. Así explicaba desde Bruxelas a catedrática da Universidade de Vigo África González a súa decisión o pasado mes de novembro de presentar a súa candidatura como fundadora da spin-off Nanoimmunotech aos premios Women Innovators 2017 da Comisión Europea. A tamén directora do Centro de Investigacións Biomédicas, Cinbio, foi seleccionada xunto a outras 11 mulleres como finalista dos galardóns europeos que o 8 de marzo, Día Internacional da Muller, premiaron a catro mulleres, unha delas nunha nova categoría dedicada ás mozas innovadoras de menos de 30 anos e que percibiu 20.000 euros, mentres que as outras galardoadas recibiron 100.000, 50.000 e 30.000 euros, respectivamente. González quedóuse finalmente ás portas de lograr un dos galardóns .

Para África González, á quen Comisión Europea recoñeceu o seu labor como co-fundadora dunha empresa de éxito baseada nunha idea innovadora, figurar entre as finalistas ao galardón “é un orgullo e unha gran satisfacción e ademais somos catro finalistas españolas co cal a alegría é maior porque as posibilidades de que llo dean a unha española son altas”, aseguraba tras ser seleccionada finalista, ao tempo que recoñecía o elevado nivel das outras 11 candidaturas finalistas do total de 47 que se presentaron a esta edición dos premios.

Publicidade

“As doce finalistas son innovadoras con talento, con interesantes historias que contar sobre como rachar barreiras e tomar riscos. As súas historias poden inspirar a outras mulleres e homes para converterse en innovadores”, asegurou o comisionado para Investigación, Ciencia e Innovación, Carlos Moedas, no acto celebradoen xaneiro en Bruxelas, no que se deron a coñecer as finalistas dos premios deste ano 2017. Xunto ás catro españolas (Gema Climent, Gemma Galdón e Isabel Trillas, ademais de África), as restantes candidatas aos premios proceden de Francia, Alemaña, Reino Unido, Suecia, Italia e Bulgaria. O obxectivo destes galardóns é sensibilizar á sociedade sobre a necesidade da innovación e de mulleres empresarias e recoñecer os éxitos femininos na innovación.

África González, sétima pola esquerda, co resto das finalistas.
África González, sétima pola esquerda, co resto das finalistas.

Vendas de máis de 100.000 euros nos últimos anos; ter recibido axudas europeas e sobre todo o carácter innovador, son os principais requisitos que deben cumprir as empresas impulsadas polas promotoras das iniciativas que concorren ao premio. As propostas foron avaliadas por un xurado formado por expertas e expertos independentes dos ámbitos empresarial, de capital risco, do emprendemento e o académico, ante o que África González e as outras 11 finalistas realizaron unha exposición de 15 minutos para a continuación someterse a unha quenda de preguntas de media hora. No caso da catedrática da Universidade de Vigo, centrou a súa exposición sobre Nanoimmunotech na importancia da multidisciplinariedade no ámbito da nanotecnoloxía, así como na necesidade de prover ao mercado de produtos nanotecnolóxicos ben deseñados e sobre todo o carácter innovador da empresa e o seu impacto social.

Hai sete anos, por iniciativa de cinco cofundadores e inversores, nacía Nanoimmunotech, unha empresa spin-off das universidades de Vigo e Zaragoza, centrada no ámbito da nanotecnoloxía. A empresa, que a día de hoxe integran preto de 30 persoas, localizadas en Vigo, Zaragoza e Madrid e que acadou en 2016 uns ingresos de 0,6 millóns de euros, desenvolve e comercializa produtos e tamén ofrece servizos á carta, con distribuidores e clientes en máis de 45 países, centrándose na actualidade en catro áreas principais: Heatsens, un biosensor moi específico para a detección rápida de diversos analitos nos ámbitos clínico e agro-alimentario; a medicina rexenerativa; os estudos de biocompatibilidade de nanomateriais e a oferta de servizos para unir a nanomateriais elementos como anticorpos, enzimas, elementos fluorescentes e o deseño de nanoestruturas como nanopartículas magnéticas recubertas de ouro, únicas no mercado.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Si, pódese crear acuarela con bacterias: a UDC impulsa a divulgación a través da arte

CICAGallery estrea a súa primeira edición con cinco artistas que convivirán con distintos grupos de investigación da universidade

O CINBIO, seleccionado para crear os dispositivos que marcarán o futuro da enerxía solar

No marco do consorcio europeo ‘Adaptation’, a entidade elaborará partículas capaces de captar luz do Sol con capacidade de refrixeración

Así espertamos o sistema inmunitario para que aniquile o cancro

O primeiro tratamento de inmunoterapia celular que usa linfocitos infiltrantes do tumor acaba de ser aprobado en Estados Unidos

Exoplanetas de spray e tinta: ciencia e arte alíanse nun proxecto internacional con selo galego

O artista vigués Tono Carbajo realiza unha residencia artística en Cataluña para desenvolver a súa obra visual e sonora a partir de evidencias astronómicas