'Gamificación' é un anglicismo.

'Gamificación' é un anglicismo.

Xogando a converterse en gamos?

A 'gamificación' é un anglicismo que pode ter a súa expresión natural en galego

Hai un par de semanas falabamos de startup, e diciamos que se trataba dun anglicismo difícil de integrar en galego. Pero a verdade é que hai outros que encaixan tan ben que practicamente entran sen chamar. E para mostra, un exemplo ben curioso co que batemos hai uns poucos días: a gamificación.

Para os profanos (coma min mesmo ata antonte), cómpre aclarar que o concepto non ten que ver coa caza, nin os gamos pintan nada nesta historia. O asunto vai de xogos (velaí, agachadiño, o game do inglés), e pode describirse como ‘o emprego de mecanismos e incentivos propios dos xogos a contextos que non son lúdicos, co fin de promover unha maior implicación das persoas participantes na realización das tarefas que eses contextos requiren”.

A facilidade coa que pode integrarse nas linguas románicas provoca que en todas elas se atopen múltiplos exemplos de uso (gamificación, gamification, gamificação, gamificació…). Pero tamén é practicamente unánime a súa consideración como un híbrido superfluo (para que empregar game, se contamos co seu equivalente xogo?) que é conveniente evitar. E para iso recoméndanse denominacións alternativas, case todas creadas a partir do adxectivo “lúdico”:

Todos os argumentos que xustifican evitar gamification nas linguas devanditas son aplicables ao galego, polo que o máis recomendable parece optar por unha forma paralela á destas. Esquezámonos, pois, dos gamos e dos games, e empreguemos ludificación.

Este artigo foi publicado na sección Un idioma preciso da USC

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.