Venres 29 Marzo 2024

Universitarios ou chimpancés: quen coñece mellor ó mundo?

Non coñecemos o mundo como é, senón como queremos velo: a través do filtro das crenzas e ideas preconcibidas.

Hans Rosling faleceu este ano. Foi unha persoa polifacética e brillante: médico en Mozambique, epidemiólogo e profesor de saúde internacional no Instituto Karolinska, tragador de sabres, e feliz disléxico que causaba gargalladas ao preguntar nunha oficina de emprego se “Professor” se escribe cunha ou con dous eses. Pero, sobre todo, foi un excelente comunicador que mostrou como temos una visión do mundo distorsionada polos prexuízos, afastada da realidade. O seu “Proxecto ignorancia” comparou os coñecementos sobre o mundo de universitarios de moitos países cos resultados producidos por chimpancés contestando ó azar.

Publicidade

Nos seus documentais, emocionantes e reveladores, mostrou a revolución demográfica, desmentiu moitos mitos sobre o terceiro mundo, ensinando, por exemplo, que a redución da mortalidade infantil non é só un imperativo moral, senón un obxectivo fundamental para resolver o problema da superpoboación mundial (e non un agravante do problema, como podería parecer). Na rede pódense atopar moitos máis vídeos interesantes, algúns deles coa colaboración da BBC, que o converteu na súa superestrela: 200 países e 200 anos en 4 minutos, por que a lavadora e a bicicleta son dous fitos no desenvolvemento?, en que maneira inflúe a relixión no número de nenos nunha familia?

Rosling demostrou que a nosa visión do mundo está distorsionada polos prexuízos

Rosling puxo en marcha a fundación Gapminder, para favorecer o coñecemento do mundo a través dos datos. Cal e a idade media a que se contrae o primeiro matrimonio en cada país?, cánto CO2 xeramos per capita?, ónde están os milmillonarios?, en qué países é maior a corrupción percibida?, e a criminalidade? Estas, e outras moitas preguntas, poden ser respondidas empregando o material da súa páxina. Creou tamén materiais formativos gratuítos e atractivos dirixidos a profesores e alumnos de primaria e secundaria. A mellor homenaxe que lle poderiamos facer sería empregar os seus materiais no noso ensino.

E si, os chimpancés, escollendo ó azar, amosan un mellor coñecemento do mundo que os universitarios, a consecuencia da nosa visión prexuiciosa da realidade. Superemos aos chimpancés aprendendo e desfrutando da obra de Rosling!

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Dous galegos, no primeiro estudo que describe as evidencias da Covid-19 na pel

Os dermatólogos Ignacio García Doval e Juan García Gavín participan nunha análise en 375 pacientes que tiveron lesións cutáneas durante a infección

Epidemioloxía para dummies: Como se miden as epidemias?

Co gallo da propagación do coronavirus, cómpre afondar en como se estuda a evolución das enfermidades contaxiosas ao longo do tempo e o espazo

Test: está o mundo mellor ou peor do que pensas?

De primeiras, se nos preguntan, e vendo o panorama de xenreira...

A pregunta obrigada nas oposicións: que é a Colaboración Campbell?

As revisións Campbell avogan, seguindo a experiencia das colaboracións Cochrane, analizan o coñecemento científico acumulado en ciencias sociais