Venres 19 Abril 2024

Un par de anglicismos da edición académica: preprint e postprint

Hai uns poucos días, o mundo académico en xeral –e a Universidade de Santiago en particular— celebrou a X Semana Internacional do Acceso Aberto, e desde o Servizo de Normalización quixemos contribuír á conmemoración elaborando e divulgando un pequeno glosario sobre este ámbito.

Tres dos seus termos máis comúns (os que describen as versións polas que pasa un artigo científico ata ser definitivamente publicado) son coñecidas habitualmente polo seu nome en inglés (preprint, postprint e version of record), unha opción que nos parece pouco precisa a nivel conceptual e de escasa calidade lingüística. Deámoslles logo unha voltiña:

Publicidade

  • O preprint é a ‘versión dun documento que aínda non foi sometido ao proceso de avaliación por expertos, que se distribúe para recibir comentarios e suxestións previas da comunidade académica’.
    Por iso, no canto de manter a palabra inglesa ou facer unha suposta tradución atrapallada (preimpresión?), cremos que o mellor é recomendar versión enviada, unha expresión moito máis transparente e que axuda a entender mellor o momento de elaboración do documento.
  • O postprint (tamén chamado accepted author manuscript) é a ‘versión do documento que xa foi sometida ao proceso de avaliación por expertos’1.
    Se aplicamos o criterio anterior e pretendemos desbotar o anglicismo ou a súa tradución, cabería optar por versión de autor aceptada ou versión de autor revisada.
  • A version of record (que tamén recibe o nome de VoR ou publisher version) é a versión final dun documento, aquela que xa foi sometida ao proceso de avaliación por expertos, maquetada e publicada pola editorial.
    Neste caso, a tradución do nome inglés ofrecería un resultado máis aceptable, pero o habitual é referirse a ela como versión publicada.

A serie versión enviada > versión de autor aceptada > versión publicada ofrece unha estrutura conceptual máis coherente (presentando os seus tres elementos como o que son: modalidades de versións) e que describe o contido de cara unha delas mellor ca o correspondente anglicismo ou ca a súa tradución literal. Estas últimas podían provocar confusións ao mesturar un proceso técnico (a impresión) coas distintas fases dun proceso de edición académica.

  1. Chamámoslle avaliación por expertos ou revisión por expertos ao proceso de avaliación dun artigo, dunha publicación, dun proxecto, etc. que realiza unha comisión de profesionais especializados na materia de que trata, coñecido en inglés como peer review.

 

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Galicia avanza para contar cos seus propios medicamentos CAR-T nos próximos anos

A finais de ano abrirá un centro de produción en Santiago e un proxecto de investigación traballa para aplicalos en tumores sólidos

Así era Castro Valente: a fotografía láser recrea a muralla da gran fortaleza medieval galega

Un estudo da USC usa as novas tecnoloxías para ampliar información sobre o xacemento de 10 hectáreas situado entre Padrón e A Estrada

O meteorito que brillou como cincuenta lúas cheas xa pode visitarse en Santiago

Tratouse dun asteroide de 1,15 metros de tamaño e 2,62 toneladas de masa que chocou contra a atmosfera a 15 Km/s

Unha tese galega demostra a viabilidade de reutilizar restos vinícolas e pesqueiros no país

Antonio Cortés avaliou a sustentabilidade das estratexias de valorización de residuos orgánicos, alén de estudar a ecoeficiencia dos procesos