Xoves 25 Abril 2024

Un microscopio na lama que é unha auténtica xoia

Contamos a incrible historia dun microscopio atopado na lama, vendido en e-bay por 50€ e polo que agora pagarían unha elevadísima cifra en calquera museo do mundo. Así o contan en Nature.
O coleccionista galego Tomás Camacho saltou do súa cadeira cando veu un lote de barateiras nunha poxa de e-bay. Agora é o propietario do único microscopio autentificado de Leeuwenhoek.

Actualmente a colección Pallas-Camacho exhíbese no Museo de Historia Natural da USC xunto cun exemplar orixinal de Micrographia de Robert Hook. A colección foi restaurada por Rafael San Marcial.

Publicidade

 

Contido extra: “Na miña boca hai mais seres vivos que en todos os Países Baixos”
Recuperamos a entrevista que lle fixemos no seu día ao pai da microscopía en Entrevistas no Alén.

Un investigador que escribe un blog de divulgación científica pode recibir retornos inesperados. Cando o bioquímico José Manuel López Nicolás “Scientia” visitou Santiago en 2014 para participar nunha charla de divulgación en EEEP-Compostela atopouse cunha solicitude de entrevista por parte de Ismael Martínez, responsable de proxectos de Feiraco. Martínez coñeceu a existencia das ciclodextrinas de Nicolás grazas ao seu blog de divulgación e ao “Señor dos Aneis”. E este foi o inicio dunha proveitosa colaboración científica no proxecto Dismetasin.

Non é habitual ver unha marca comercial nun artigo científico. Ismael Martínez cóntanos como recentemente publicaron que unha modificación na alimentación das vacas pensada para mellorar o seu perfil lipídico adicionalmente demostrouse que reduce a pegada de carbono do proceso produtivo nun 10%.

 

No “Circo de bacterias” de Esteban Fernández Moreira coñeceremos como xenes fluorescentes de bacterias poden acabar en árbores ou para cifrar mensaxes.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

GCiencia en Efervesciencia: “Hai dez anos a divulgación era un fenómeno minoritario”

Entrevista con Pablo López no programa da Radio Galega dirixido por Manuel Vicente

A alfaia do pai da microbioloxía que acabou en Galicia a través de eBay

A Xunta tramita a declaración como BIC dun microscopio de Antony Van Leeuwenhoek, datado a finais do século XVII, adquirida na Internet por un doutor vigués

Cerebroides, neuronas e improvisación

Unha nova entrega do programa Efervesciencia, que visita o Congreso da Sociedade Española de Neurociencia

As vacacións da avoa de Einstein

Comeza unha nova tempada de Efervesciencia con novos contidos para o programa de divulgación científica que dirixe Manuel Vicente