Jorge Mira con Cédric Villani.

Jorge Mira con Cédric Villani.

Tres Nobel e unha medalla Fields

As matemáticas son arte de dar o mesmo nome a cousas diferentes (Poincaré)

O actual director do instituto Poincaré é o matemático Cedric Villani que estivo esta semana en Compostela invitado polo programa Conciencia que dirixe Jorge Mira. Quizais o mais fascinante dos traballos de Cedric Villani sexa descubrir como o estudo de fenómenos físicos ideais logo teñen aplicacións en campos dispares e alonxados como é o caso da economía.

Debullamos os nóbeles de ciencia 2016 cos mellores especialistas

1. Ana Mª Cuervo é unha investigadora de referencia en autofaxia no Albert Einstein College of Medicine de Nova Iorque. Ela explícanos o nobel concedido a Yoshinori Ohsumi.

2. Certos estados da materia conducen a electricidade non en función da súa estrutura ou composición senón a súas propiedades matemáticas como o número de buratos que presentan. Joaquín Fernández Rossier, director do proxecto de “Spintrónica do Grafeno” do Laboratorio Ibérico de Nanotecloxía (INL), preséntanos o nóbel de física que se lle concedeu a Thouless, Haldane e Kosterlitz.

3. A nosa colaboradora e profesora de química da USC Rosa Pedrido debúllanos o premio nobel de química 2016 concedido a Stoddart, Sauvage e Feringa polo desenvolvemento das máquinas moleculares.

O oso cavernario sempre volve á cova de mamá

Con Eva Rodríguez de SINC conversamos con Gloria Fernández Fortes da Universidade de Ferrara. A súas investigacións xenéticas veñen de descubrir a fidelidade dos extintos osos cavernarios ás súas covas natais.

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.