Cartaz do filme de Disney sobre 20.000 leguas baixo dos mares.

Cartaz do filme de Disney sobre 20.000 leguas baixo dos mares.

Por que nos segue a fascinar Verne?

Efervesciencia fala da visión científica do escritor francés e da súa relación con Galicia

 

“Todo o que unha persoa poida imaxinar, outras poderano facer realidade”

cv89akuxeaaxf2d-jpg-large

O xornalista e historiador Eduardo Rolland é un “verniano” ata a medula. Con el parolamos sobre o creador de “20000 leguas baixo do mar”, a súa visión da ciencia e os científicos e a súa relación con Vigo.

 

O necrobioma pode resolver asasinatos

Cando morremos ponse en marcha un reloxo bacteriano que agora sabemos interpretar. Circo de Bacterias con Esteban Fernández Moreira especial Samaín.

 

“Mareas Vermellas” na gran pantalla

Tendemos a asociar ás mareas vermellas con episodios tóxicos, e non é así na maioría das veces. O equipo de Bioimaxe, xunto con Ardora SCG, mergúllanse nas nosas rías para producir o documental “Mareas Vermellas” que conta co asesoramento do investigador do IEO Francisco Rodríguez.

 

Estudan as cidades de bacterias que tes na boca

Os biofilms que crean as bacterias nas nosas bocas son como cidades en miniatura. Se queremos probar a efectividade dos antisépticos orais non abonda, como agora, con ensaialos nunha cápsula petri. Cómpre facelo “in sito” instalando dispositivos na boca. A doutora Isabel Prada cóntanos que con este método os resultados difiren do que se coñecía ata agora.

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.