O equipo da Universidade da Coruña premiado pola Real Academia Galega de Ciencias.

O equipo da Universidade da Coruña premiado pola Real Academia Galega de Ciencias.

Refrixerantes sólidos contra o efecto invernadoiro

Efervesciencia entrevista ao equipo da Universidade da Coruña premiado por usar a perovskita para facer refrixeradores

Un equipo da Universidade de A Coruña onde participa o profesor de química Manuel Sánchez Andújar vén de crear un novo material sólido híbrido orgánico-inorgánico de estrutura perovskita con propiedades barocalóricas. Isto quere dicir que pode arrefriar ao sometelo a cambios de presión. O obxectivo é que estes materiais poidan substituír os actuais fluídos refrixerantes das neveiras xa que teñen unha importante contribución ao cambio climático. Este traballo, que integra a químicos e enxeñeiros da UDC procedentes do Centro de Investigacións Científicas Avanzadas (CICA) e dos Departamentos de Química e de Enxeñería Naval e Industrial, vén de gañar o premio 2017 de investigación da Real Academia Galega de Ciencias.

 

Láser para fabricar prototipos de vasos sanguíneos

A física da USC María Aymerich desenvolve dispositivos microfluídicos que simulan vasos sanguíneos mediante ablación láser para o estudo de enfermidades coronarias e tumorais
Este traballo mereceu o premio de investigación 2017 para menores de 28 anos da Real Academia Galega de Ciencias.

Quen determinou que 38ºC é febre? [Ciencia para andar por casa]

Bibiana García Visos na súa sección “Ciencia para andar por casa” cóntanos como se estableceu que a febre empezaba en 38ºC, e ata 37,7 febrícula.
A cousa remóntase a mediados do século XIX, cando o médico alemán Carl Wunderlich comezou a …

 

É o glifosato seguro? con Deborah García Bello

A evidencia científica di que o uso do glifosato é seguro. Entón, de onde vén o amplo rexeitamento desde os grupos ecoloxistas a este herbicida que é o mais utilizado no mundo? Nolo conta Deborah Garcia Bello. Mais información aquí

 

O evasivo refuxio dos osos pardos na idade de xeo [Axencia SINC]

Con Eva Rodríguez da Axencia SINC conversamos coa investigadora da Universidade da Coruña Ana García Vázquez sobre a presenza do oso pardo na península ibérica os últimos 10.000 anos. A súa investigación xenética e de fósiles determina que o refuxio climático dos osos nas épocas frías non estaba na península en contra do que se cría. Haberá que ollar para Francia?

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.