SAM_5729-1024x682

Os prións, ese inimigo minúsculo

Estas proteínas mal formadas ocupan un novo programa de Efervesciencia, co premio Nobel Stanley Prusiner

Infiltrámonos no congreso mundial Prion 2018. Un dos puntos quentes do encontro foi a discusión sobre se as doenzas neurodexenerativas como o alzhéimer ou párkinson se deben denominar como enfermidades priónicas. Para o nobel Stanley Prusiner é claro, pero a comunidade científica está dividida.

Da man de Jesús Requena, investigador do CIMUS da USC e líder do grupo de prions, coñecemos os últimos achados entorno a estas proteínas malformadas infecciosas. Contamos con declaracións de Juan José Badiola (Presidente do Consello Xeral de Colexios Veterinarios), Raquel Sánchez del Valle (Unidade de alzhéimer e trastornos cognitivos do Hospital Clínico de Barcelona), Joaquín Castilla (CIC bioGUNE), Juan Mª Torres (INIA) e o nobel Stanley Prusiner.

Coñecemos a spn-off Ancora da Universidade de Vigo e programa Ignicia da Axencia Galega de Innovación da Xunta de Galicia.

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.