Venres 19 Abril 2024

Por que a mortalidade da vida mariña en Chile?

A vida mariña nas costas de Chile está a sufrir repetidas mortalidades desde finais de 2015. Para uns é consecuencia do fenómeno de El Niño, outros afirman que é a marea vermella anormal, tamén consecuencia do fenómeno de El Niño. A industria de produción de salmón tampouco se libra e está a ser acusada de desequilibrar os ecosistemas e de intoxicalos “con tratamentos antimicrobianos e antiparasitarios excesivos”.

 

“O primeiro sinal de alerta data de mediados do ano pasado, co achado de máis de 330 baleas mortas en apartados fiordos da Patagonia chilena, un histórico suceso que sorprendeu á comunidade científica mundial. Este ano descubríronse máis de 100 leóns mariños mortos —a maioría deles recentemente nados— arrastrados polas ondas ao longo dunha relativamente pequena península no norte de Chile durante o últimos tres meses, un evento que é parte dun fenómeno máis amplo de mortaldade observado noutros lugares na costa do Pacífico de Suramérica. Tamén en xaneiro de 2016 apareceron uns 10.000 exemplares de lura mortas nas costas de Arauco.

Publicidade

A inicios de ano un desmesurado aumento de microalgas (a rafidoficea Chattonellasp) na rexión dos Lagos matou -por asfixia- a unhas 40.000 toneladas de salmóns, equivalentes ao 12% da produción anual. O que non se publicou é o impacto que este fenómeno terá sobre a produción dado que se descoñece como crecerán e resistirán a posibles infeccións os salmóns afectados sobreviventes.

As autoridades ordenaron tirar miles de toneladas de salmóns en descomposición a 75 millas náuticas de Ancud, medida á que os pescadores de Chiloé se opuxeron, xa que o mar constitúe a súa fonte de traballo, subsistencia e desenvolvemento cultural.

Catro meses despois, 8 mil toneladas de sardiñas vararon na desembocadura do río Queule, na rexión da Araucanía, mentres que a fins de abril de miles de machas, un molusco común en Chile, apareceron mortas ao longo de 5 quilómetros da costa da Illa de Chiloé. Tamén se detectou mortaldade  de lagostinos que tinguían dunha cor avermellada uns 250 metros da praia da Lisera en Arica, no extremo norte de Chile, na fronteira con Perú.

As autoridades atribúen a masiva mortaldade de machas á presenza na zona da ‘marea vermella’, causada pola proliferación de algas, e prohibiron a extracción de mariscos en toda a rexión, deixando a miles de pescadores sen a súa fonte de traballo.

Durante o mes de abril xerouse unha expansión inédita de marea vermella nas costas de Chiloé. Este fenómeno estivo acompañado  da mortaldade masiva de mariscos como machas, piures, picorocos, jaibas, tolos, lapas, choros e cholgas que xacen mortos nas praias da Illa. A comunidade asegura que se trata dunha situación xamais vista en episodios anteriores de marea vermella.”

A situación na zona seguía tensa despois de que os pescadores artesanais, xunto ás súas familias, radicalizasen as protestas para conseguir do goberno da presidenta Michelle Bachelet a axuda necesaria logo da perda das fontes de traballo de miles de persoas cuxa única actividade é a pesca.

A situación que se está a vivir hoxe na illa de Chiloé é sen dúbida una das maiores catástrofes ambientais dos últimos anos rexistradas no país.

Chile é o segundo exportador mundial de salmón despois de Noruega, pero o problema das algas pode provocar unha drástica caída na produción de máis de 100.000 toneladas do produto, segundo proxecta Salmon Chile, a organización que agrupa ás empresas salmoneras. Algúns expertos aseguran que as perdas poderían alcanzar os 800 millóns de dólares.

En resumo ninguén sabe as causas nin como remediar o que está a suceder. O máis doado é acusar de todo ao que semelle máis inmediato, sexa a marea vermella, a industria salmonera, o quecemento global ou a Bilderberg . É nestes momentos de crises cando un coñecemento básico sobre o estado de saúde dos ecosistemas explotados revélase como imprescindible.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Canto tempo pasa entre que se inicia o consumo de tabaco e aparece o cancro de pulmón?

A investigadora Carla Guerra Tort estudará a relación temporal entre as mortes derivadas desta enfermidade e o tabaquismo

Un corredor de borrascas garante polo menos 10 días máis de inestabilidade en Galicia

Dous potentes anticiclóns situados ao norte e sur da península favorecen a chegada de tormentas e precipitacións intermitentes

Pódcast | Chegará a alerta por seca en Galicia?, con Alberto Martí

O profesor explica se a nosa comunidade está preparada para afrontar o verán e se 2023 está sendo un ano máis cálido do normal

O regreso do fenómeno El Niño: máis calor no planeta pero máis chuvias en Galicia

A Organización Meteorolóxica Mundial alerta da alta probabilidade de episodios climáticos inusuais e drásticos a partir de 2024