ilustracion ciencia e lilas

Po de estrelas

Cantas veces escoitamos aquilo de é todo natural, non leva nada de químicos. Na realidade, o que algunha xente quere dicir, é que non leva ningún pesticida, ou ningún produto químico procesado artificialmente polos seres humanos para obter unha substancia que non existira na natureza antes da era industrial.

Pero nada máis natural que a química. É ben coñecido por todas e todos que a auga é imprescindibel para a vida do ser humano, de animais e plantas.

Nas idades temperás do universo só existían un poucos tipos de átomos que por reaccións entre eles no interior das estrelas foron formando os diversos átomos que conforman hoxe toda a materia do planeta. Entre eles, o osíxeno, que xunto co hidróxeno -un dos átomos máis vellos- forma a auga; que precisamos para respirar sen o cal os seres humanos e animais desapareceríamos.

A certos niveis micromoleculares, non existe a diferencia entre a física, a química e a bioloxía, se non nos enfoques de estudo que lle dan, pero ninguén diría que a bioloxía non trata da vida.

As famosas vitaminas, que tanto nos dicían nosas nais e pais que comeramos de pequenas que estaban xusto nas verduras que non nos gustaban nada, son un tipo de composto químico. Na seguinte figura temos un exemplo. Para un profano non deixan de ser letras e raias… mais afondemos un pouco.

quimic representacion vitamina a

En cada unión de dúas raias enténdese que hai un átomo de carbono. É dicir, simplificando moito, unha pequena ‘peza’ que consta dun núcleo formado por protóns e neutróns, rodeado de outras partículas que xiran a gran velocidade que son os electróns- sen meternos en profundidades cuánticas nin en teorías matemáticas. Algo así:

atomosss

Os átomos, únenense entre sí nos enlaces carbono-carbono no caso da vitamina por compartición de electróns, e cantas máis liñas entre átomos, máis electróns comparten.

En que e diferencian logo un átomo de carbono dun átomo de osíxeno? Só no número de protóns e electróns. A diferenza entre unha pedra e o ar, acaba por ser algo non demasiado grande!

O centro dun lápis está formado por grafito, que non son máis que moléculas de carbono unidas entre sí dunha maneira diferente que nun diamante ou na vitamina, mais de carbono ao final. Si, a punta dun lápis e un diamante e parte do que comemos está formado do mesmo, que ao mesmo tempo se diferencia só do pó de estrelas no número de cargas positivas e negativas que teñen.

Porque todo o que existe no universo, procede do mesmo tipo de átomo, somos pó de estrelas. Fascinante, non si?

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.