Yoshinori Ohsumi, Premio Nobel de Medicina 2016.

Yoshinori Ohsumi, Premio Nobel de Medicina 2016.

Os premios Nobel

O Nobel de Medicina abre a entrega duns galardóns que analiza en GCiencia o investigador Roberto Agís-Balboa

“La ciencia siempre vale la pena
porque sus descubrimientos, tarde o temprano, siempre se aplican”
(Severo Ochoa).

O 3 de Outubro anunciouse en Estocolmo o primeiro Premio Nobel do 2016, o de Fisioloxía ou Mediciña. Foi concedido a Yoshinori Ohsumipolos seus descubrimentos dos mecanismos para a autofaxia”. A autofaxia (auto – un mesmo, phagos – comer) é un proceso para degradar e reciclar os compoñentes celulares. Durante os próximos días irán anunciándose os premios restantes das 6 categorías existentes (https://www.nobelprize.org/). Os premiados reciben un diploma, unha medalla e un cheque que varía un pouco cada ano pero ronda os 8 millóns de coroas suecas (uns 850.000 euros).

Moitos se preguntarán de onde veñen os Premios Nobel? Foron creados por un enxeñeiro, químico, inventor e fabricante de armas chamado Alfred Nobel (1833-1896). Hai asteroides, craters na Lúa e elementos químicos co seu nome, pero polo que é máis coñecido é polos premios, porque foi o inventor da dinamita e polas 350 patentes que rexistrou. Antes de morrer deixou case toda a súa fortuna para establecer uns “premios para os que, durante o ano anterior, teñan aportado o maior beneficio para a humanidade.” Isa foi a súa última vontade a cal perdura ata o día de hoxe gracias á Fundación Nobel, a cal por certo, non se involucra na selección dos premiados.

A fortuna de A. Nobel permitíulle establecer ós premios que el dividíu en cinco categorías: Física, Química, Fisioloxía ou Mediciña, Literatura e Paz. Maís tarde, un banco sueco (Sveriges Riksbank) establecería en 1968 o Premio en Economía en memoria de A. Nobel. Entre 1901 e o 2015 déronse 573 premios entre todas as categorías (divididos entre 874 laureados e 26 organizacións) dos cales 48 recaeron en mulleres. Moitas veces, tal como durante á primeira e segunda guerras mundiais, non se concederon. Ata 1974 podíanse dar os premios de maneira póstuma e fixose un par de veces, mentras que dende aquela só se da se o premiado falece despois do anuncio do Premio Nobel.

Os premiados reciben unha medalla, un diploma e 8 millóns de coroas suecas

Uns poucos obtivérono máis dunha vez: M. Curie, F. Sanger, J. Bardeen, L. Pauling, Comité Internacional da Cruz Vermella (CICR) e A Oficiña do Alto Comisionado das Nacións Unidas para os Refuxiados (ACNUR). A persoa máis xove que conseguíu o Nobel foi Malala Yousafzai con 17 anos (Paz, 2014) e o máis vello Leonid Hurwicz con 90 anos (Economía, 2007). O país con máis Premios Nobel é EEUU con 258, mentres que España ten sete, o último foi para o galego Camilo J. Cela en 1989.  Os sete agraciados españois foron: Santiago Ramón y Cajal (Mediciña ou Fisioloxía, 1906), Severo Ochoa (Mediciña ou Fisioloxía, 1959), José Echegaray y Eizaguirre (Literatura, 1904), Jacinto Benavente (Literatura, 1922), Juan Ramón Jiménez (Literatura, 1956), Vicente Aleixandre (Literatura, 1977) e Camilo José Cela (Literatura, 1989).

Algún pregúntarase por qué non hai un Premio Nobel en Bioloxía, Enxeñería, Matemáticas,…? O máis seguro é que A. Nobel decidira o que el quixo como lle veu en gana. Algúns dín que a muller de A. Nobel lle foi infiel con un matemático e de ahí a falta do Premio Nobel en matemáticas. As razóns de por qué hai estes premios e non outros, posiblemente nunca terán resposta. Os matemáticos teñen a Medalla Fields creadas por un canadiense John C. Fields en 1936. Estas medallas danse cada 4 anos a un ou varios matemáticos menores de 40 anos acompañado dunha retribución de 10.000 euros.

Para rematar: “Dichoso é aquél que mantén unha profesión que coincide coa súa afición” (George Bernard Shaw). “Si che dan papel pautado, utiliza o outro lado” (Juan Ramón Jiménez).

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.