A UE quere limitar os descartes pesqueiros totalmente no 2019.

A UE quere limitar os descartes pesqueiros totalmente no 2019.

Os descartes e a pesca

O director do Instituto de Investigacións Mariñas de Vigo (CSIC) analiza a nova política de descartes na Unión Europea

FAO define os Descartes ou capturas descartadas como “esa porción da materia orgánica total de orixe animal na captura, a cal é desaproveitada, ou vertida no mar por calquera razón. Non inclúe materiais vexetais e refugallos post-colleita tales como vísceras ou entrañas. Actualmente é un dos maiores problemas da pesca, tanto dun punto de vista socioeconómico como ambiental.” Xa no 2016 publiquei unha entrada co mesmo título. O asunto segue a ser importante para unha das actividades con máis impacto na economía e os ecosistemas mariños. A ciencia pode axudar a resolver o dilema.

tempo no que se desbotaban os peixes non desexados  pola borda rematou ou, polo menos, vai terminar. Nos vindeiros anos, esixirase aos mariñeiros que desembarquen cada vez máis do que capturan, ata un día en 2019 no que todas as súas capturas deberán ser desembarcadas e contadas.

Segundo a Organización para a Alimentación e a Agricultura, cada ano son botadas e novo ao mar máis de sete millóns de toneladas de peixes. Vivos ou mortos, os peixes devólvense cando se capturan accidentalmente, ben porque son demasiado pequenos para a comercialización, ben porque se superou a cota anual permitida aos pescadores. Naturalmente, está práctica ten máis dun problema. Desperdiciar ten pouco sentido nun contexto de baixo rendemento ou de escasa viabilidade. Ademais, dado que as nosas estatísticas baséanse nas capturas que realmente se rexistran e que se levan aos portos, os descartes distorsionan a información sobre as capturas e minan o asesoramento científico axeitado.

Desembarcar todas as capturas, con todo, pode ser un labor complicado, especialmente no caso das pesqueiras mixtas. Os gobernos da UE optaron por non impoñelo de xeito repentino, senón por introducilo de forma progresiva e especie por especie. Este proceso non se decide de forma centralizada en Bruxelas, senón co acordo dos propios países, que deciden cal é a mellor forma de que cada rexión ou conca marítima alcance os obxectivos de sustentabilidade da política pesqueira común.

A transición empezou en 2014, con novas normas para as pesqueiras peláxicas e industriais en todas as augas da UE, así como para a pesca do bacallau no mar Báltico. Estas normas levan en vigor desde o 1 de xaneiro de 2015.

Actualmente, está a pasarse a pescar especies que se alimentan no fondo mariño ou preto del, coñecidas como especies demersais, con novas obrigas de desembarco para algunhas pesqueiras de demersais do océano Atlántico e do mar do Norte que entrarán en vigor o 1 de xaneiro de 2016.

Por exemplo, nas augas noroccidentais do Atlántico, a obriga de desembarco será de aplicación para as pesqueiras mixtas de bacallau, eglefino, merlán e carboeiro, as pesqueiras de lagostino, as pesqueiras de linguado común e de platixa, e as pesqueiras de pescada. No Atlántico suroccidental, a obriga de desembarco será aplicable ás pesqueiras de lagostino, as pesqueiras de linguado común e de platixa e as pesqueiras de pescada.

O Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC) está a desenvolver no Porto de Marín, unha planta piloto para o tratamento de descartes pesqueiros coa intención de demostrar que existen alternativas viables para a xestión de especies mariñas actualmente non utilizadas. A iniciativa, liderada polo Instituto de Investigacións Mariñas (IIM) -situado en Bouzas (Vigo)- e ten un financiamento europeo a través do proxecto iSEAS

Un dos obxectivos fundamentais de iSEAS é a creación do iObserver, un sistema capaz de realizar o traballo dun observador humano a bordo dun barco (identificación e cuantificación da biomasa descartada, así como da captura obxectivo), pero sen interferir coas actividades cotiás dos pescadores. Este sistema mellorará a calidade e dispoñibilidade dos datos e o coñecemento sobre o estado dos recursos pesqueiros.

O proxecto iSEAS tentará:

1. Probar a implementación e funcionamento do iObserver a bordo de buques oceanográficos. Para iso vai instalarse un conxunto de tecnoloxías estandarizadas capaces de realizar o mesmo traballo que levan a cabo observadores cualificados.

2. Optimizar a actividade pesqueira a través da definición dunha ferramenta fiable, baseada en modelos matemáticos que analizan condicións espazo-temporais das áreas de pesca obxecto de estudo. Esta ferramenta axudará a:

2a) Tomar decisións en tempo real sobre a actividade pesqueira, a definición de áreas / períodos / especies máis apropiadas en termos de niveis de descarte máis baixos.

2b) Tamén desenvolver políticas de curta duración e eficaces sobre os recursos mariños / áreas de pesca, que garantan os stocks de poboacións e aumentar ao máximo o rendemento da pesca.

Levar a cabo unha pesca máis selectiva, reducindo o gasto de combustible e o tempo de procesado das capturas a bordo.

3. Definir unha instalación completamente operativa en terra, que se empregaría para os procesos de valorización de descartes e o seu comercio, que no marco do proxecto denominarase iDPV (Punto para o Procesado Integral e a Valorización de Descartes).

4. Demostrar os impactos / beneficios ambientais e socio-económicos que terán no sector pesqueiro a aplicación das solucións innovadoras propostas así como o novo modelo de xestión.

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.