Captura-de-pantalla-2016-03-08-a-las-12.45.54

Muller e Ciencia: 8 de marzo

antonio-figueras avatar bn

Hoxe é o Día Internacional da Muller Traballadora, tamén chamado Día Internacional da Muller. Conmemórase a loita da muller pola súa participación, en pé de igualdade co home, na sociedade e no seu desenvolvemento íntegro como persoa. Celébrase o día 8 de marzo. É festa nacional nalgúns países.

Hai dous anos publiquei un post sobre as mulleres e a ciencia. Recollíanse estes datos que practicamente non cambiaron desde a súa publicación.

A porcentaxe de mulleres en idade de estudar que rematan un ciclo de educación universitaria alcanza o 91% en España, moi por riba do 74% no que quedan os homes.

Con todo, no ámbito da investigación post-universitaria -tanto do eido público como privado-, as mulleres ocupan un espazo moito menor que o dos seus compañeiros: só un 38%.

A Comisión Mulleres e Ciencia elabora con regularidade informes sobre a distribución por sexo do persoal do CSIC [Consello Superior de Investigacións Científicas] nas súas diferentes categorías, así como propostas destinadas a promover o ingreso e a promoción das mulleres no CSIC.

Tomo prestadas do último informe de 2015 algunhas gráficas que considero reveladoras e que non necesitan comentarios.

Captura-de-pantalla-2016-03-08-a-las-12.45.54

Captura-de-pantalla-2016-03-08-a-las-12.46.13

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.