Sábado 20 Abril 2024

Gañarémoslle o pulso ao ‘selfie’?

Non é habitual que a maior parte das linguas románicas se poñan de acordo para recomendar que non empreguemos un determinado anglicismo, e menos aínda que practicamente coincidan na alternativa que ofrecen para suplantalo. Un deses raros casos é o de selfie.

Para este tipo particular de autorretrato, tan popular nas redes sociais que ata o Papa ten algún, estase recomendando autofoto en cataláncastelán, e autophoto ou égoportrait en francés. Só o italiano e o portugués parecen asumir como adecuado o emprego do anglicismo.

Publicidade

En galego, a forma autofoto ten tamén unha certa presenza na documentación real. Por iso, cando no proceso de elaboración do Vocabulario panlatino das redes sociais tivemos que propoñer unha denominación para ese concepto, pareceunos mellor potenciar a forma propia no canto de asumir a incorporación directa do anglicismo. Pero non temos nada claro que a nosa recomendación vaia triunfar, pois selfie ten xa unha altísima difusión en galego, e é unha forma que pode integrarse nesta lingua con moita facilidade, pois encaixa ben nos seus patróns de ortografía e de pronuncia.

Así pois, animámosvos a que fagades autofotos e as difundades a través das vosas redes sociais, ou dos servizos de mensaxería instantánea. A ver se conseguimos que esta palabra compita con selfie, e non se converta nunha (noutra) batalla perdida.

O SNL da USC publicou este texto no seu sitio web o 02/07/2014

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Galicia avanza para contar cos seus propios medicamentos CAR-T nos próximos anos

A finais de ano abrirá un centro de produción en Santiago e un proxecto de investigación traballa para aplicalos en tumores sólidos

Así era Castro Valente: a fotografía láser recrea a muralla da gran fortaleza medieval galega

Un estudo da USC usa as novas tecnoloxías para ampliar información sobre o xacemento de 10 hectáreas situado entre Padrón e A Estrada

O meteorito que brillou como cincuenta lúas cheas xa pode visitarse en Santiago

Tratouse dun asteroide de 1,15 metros de tamaño e 2,62 toneladas de masa que chocou contra a atmosfera a 15 Km/s

Unha tese galega demostra a viabilidade de reutilizar restos vinícolas e pesqueiros no país

Antonio Cortés avaliou a sustentabilidade das estratexias de valorización de residuos orgánicos, alén de estudar a ecoeficiencia dos procesos