salvadoriana detalles

O primeiro museo de Barcelona

Como xa comentei no seu día este blog leva o nome de Gabinete de Curiosidades pola fascinación que para min sempre supuxeron estes museos dos séculos XVII e XVIII. Ao longo dos séculos XIX e XX a maioría dos gabinetes foron desmantelados, algúns simplemente desapareceron e os seus contidos perdéronse.

Afortunadamente, noutros casos parte dos obxectos gardados nos mesmos pasaron a engrosar os fondos de diversos museos, públicos e privados.

O pasado mes de maio escoitei na radio a noticia de que en Barcelona se ía reabrir un antigo Gabinete de Curiosidades, que levaba moitos anos pechado. En canto puiden púxenme e buscar en Internet para atopar mais información ao respecto e atopei unha nova de El País na que se daba conta do evento. En El Periódico tamén se fixeron eco desta exposición.

salvadoriana detallesTrátase dun gabinete creado e ampliado por seis xeracións de boticarios, os membros da familia Salvador, durante máis de 200 anos. A colección consta de máis de 32.00 especímenes e máis de 1. 400 volumes. Considérase o primeiro museo de Barcelona xa que aparece mencionado xa nas guías de 1831. Puido ser visitado ata 1854 pero cando os Salvador pecharon a súa farmacia perdéuselle a pista, ata que foi requisado pola Generalitat ao comezo da Guerra Civil para salvalo. Dende entón estaba nunha casa de Villafranca del Penedés ata que foi mercado polo concello de Barcelona en 1945 e depositado no Instituto Botánico. En 2013 mercáronse o resto dos fondos e procedeuse a montar unha exposición para amosar ao público esta reliquia histórica.

Esta exposición estará aberta dous anos, ata abril de 2016 … espero poder pasar por Barcelona antes desa data para poder vela.

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.