Foto: Álex Alonso. BEC.

Foto: Álex Alonso. BEC.

‘Nos tellados’: o documental sobre as gaivotas criando na cidade

Ecoloxía Azul presenta unha curta audiovisual sobre unha parella de gaivotas criando os seus polos nos tellados de Pontevedra

Para moitos, as cidades son o último lugar onde procurar comportamentos espectaculares da fauna salvaxe. Para outros, son un hábitat onde, sabendo axexar e sendo paciente, se pode observar escenas de grande valor biolóxico.

Foto: Álex Alonso. BEC.

Foto: Álex Alonso. BEC.

En Ecoloxía Azul diriximos e producimos unha curta documentar que agora presentamos. Nel amósase o comportamento íntimo dunha parella de gaivotas patiamarelas (Larus michahellis) criando a súa prole nos tellados dunha cidade de GaliciaPontevedra.

Mediante cámaras subxectivas en diferentes ángulos desvelamos o ritual reproductivo da parella, a eclosión dos ovos, a alimentación e o medre das crías ata o seu primeiro voo. Todo isto nun ambiente completamente urbano, porén alonxado das olladas humanas. A seguir deixámosvos a curta “Nos Tellados“:

Créditos:
-Idea e Imaxe - Gonzalo Mucientes
-Realización - Jaime Olmedo
-Música - Longest Year (Scott Holmes)
-Produción - Ecoloxía Azul

Ecoloxía azul

Unha resposta a “‘Nos tellados’: o documental sobre as gaivotas criando na cidade

  1. XULIO PEREZ PEREZ

    Fermoso documental. Por si vos interesa documentalo, en Santiago, no polígono das Fontiñas, tamén cría unha parella coido que da mesma especie, desde hai 3 anos. O tellado onde crían non parece tan a xeito como ese de Pontevedra, pois ten forte inclinación. Como dende a miña posición de observador, un 4º piso do edificio de enfrente, non podo ver o seu niño (queda na pendente contraria do tellado), sospeito que o teñen nalgunha estrutura da base de antea parabólica, moi próxima ao cumio. O que si vexo son os vaivens da parella proxenitora desde o mes de abril (o resto do ano non aparecen por aquí), o ir e vir das crías polo tellado e os seus primeiros voos. Tamén se aprecia que na zona próxima ao “non visto” niño, medra de forma sobresaliente con respecto ao resto do tellado, a vexetación herbacea sobre as tellas, pondo de relevo iso da “sucesión ecolóxica primaria”.
    Saúdos

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.