Javier Pedreira e Manuel Vicente, no programa Efervesciencia.

Javier Pedreira e Manuel Vicente, no programa Efervesciencia.

Educar para o mundo dixital

Unha nova entrega do programa Efervesciencia que fala de nativos dixitais, da visita de Torsten Wiesel e de muller e ciencia

Secuestramos a Javier Pedreira “Wicho” nun lugar secreto para a sección “Un autor, un libro, un espazo”. Wicho non nos canta a Traviata pero si nos conta como é o libro que vén de coordinar “Los nativos digitales no existen“. Falamos de como educar, acompañar e aplicar o sentido común na cultura dixital que nos toca vivir. Escoitamos tamén as intervencións de diferentes coautores do libro: @susanalluna @genisroca @eparquiodelgado @nuriaoliver @mininacheshire

 

As mulleres na ciencia

As investigadores Dolores Salgueiriños e Mª José Calderón preséntannos a iniciativa 11defebrero.org para celebrar o día da nena e a muller na ciencia.

Aquí tes unha escolma de 11 científicas que pasaron polos micrófonos de Efervesciencia nunha década para unirnos a esta celebración.

11de febreiro

 

Torsten Wiesel en A Coruña

CORBI-TORSTEN-WIESEL-LECTURES

Coñecemos ao premio nobel Torsten Wiesel e o director do laboratorio de Neurobioloxía da Universiadade Rockefeller Charles Gilbert ao seu paso pola Coruña invitados pola Fundación Corbi.

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.