Limpeza de praias en Rianxo no ano 2006.

Limpeza de praias en Rianxo no ano 2006.

Cinzas na praia, incendios en Galicia

As cinzas dos lumes poden chegar ás praias e os mariscadores temen que arruíne a súa vindeira campaña de Nadal

En Portugal comezan a detectar no mar as consecuencias dos incendios nos últimos días no norte e o centro do país. O pasado xoves apareceu un manto de cinza na area da praia de Matosinhos, preto do Porto. Os medios de comunicación lusos recollían este feito sen deixar clara a súa procedencia.

Non sabemos se as cinzas caeron ao mar e as augas deixáronas na area ou se proceden do río Douro”, explicou o goberno local de Matosinhos a Jornal de Notícias, cuxa intención é limpar o areal canto antes. Segundo a versión ofrecida polo Concello da localidade lusa, non parece que se produxeran escorrentías polas choivas dos últimos días, senón que o vento puido trasladar as cinzas ata o mar ou foi o río Douro, aínda que se trata dunha hipótese inicial, que aínda non puido ser confirmada.

ceniza

En Galicia, hai temor entre os mariscadores a que a cinza acabe chegando aos areais e arruíne a campaña do Nadal, como xa aconteceu no 2006, cando os efectos dos incendios dese ano acabaron nas rías.

Aínda non se produciron riadas que poidan arrastrar as cinzas dos montes calcinados, polo que os mariscadores cren que o que estes días está a aparecer nalgúns areais, como no caso do de Cabeceira, en Lourido , son as partículas en suspensión do fume xerado polos lumes, que coa choiva se foron depositando na superficie. Deste xeito, as correntes están supostamente arrastrando ata este areal de Lourido as cinzas que, polas precipitacións, remataron nalgúns puntos da ría de Pontevedra.

A Xunta non ten constancia desta versión do sector marisqueiro, e asegura que a cinza non chegou nin ao mar nin aos ríos. O que si se rexistrou, sobre todo, na tarde do domingo e a madrugada do luns, foron os índices máis elevados de contaminación por partículas PM10 -inferiores a dez micras– en practicamente todas as estacións galegas que MeteoGalicia ten distribuídas pola comunidade.”

Esperemos que esta vez non se repita o sucedido en 2006 cando as choivas torrenciais, que causaron unha drástica diminución da salinidade nas zonas das rías onde leva a cabo o cultivo de ameixa, combinada co arrastre de lodos procedentes dos incendios causaron graves mortalidades e elevadas perdidas económicas.

Aínda estamos a tempo de previr estes danos.

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.