Hospital de Kenema, Serra Leoa

Entrada dun hospital de Kenema, Serra Leoa. / Leasmhar

Ébola, un aviso ao mundo desenvolvido

O caos comeza, agora sí. O altofalante de África toma as rendas do mundo.

A epidemia do Ébola, en África Occidental, ten o potencial de alterar a historia, tanto como o fixeron outras grandes pragas con anterioridade.  A OMS xa advertiu que, neste mes de outubro, podería haber miles de casos novos cada semana en Liberia, Serra leona, Guinea e Nixeria.

Segundo Michael T. Osterholm, director do Centro de Investigación de Enfermidades Infecciosas da Universidade de Minnesota (Estados Unidos), só existen dúas posibilidades para este virus.

A primeira sería que o Ébola se propague desde África Occidental ata grandes cidades situadas nÁfioutras rexións do mundo en vías de desenvolvemento.  Posto que este brote é moi diferente dos 19 que se produciron en África nos últimos 40 anos, é moito máis fácil controlar os brotes de Ébola cando se producen en aldeas aisladas como sucedeu ata agora.

Pero houbo un aumento do 300% na poboación de África durante as últimas décadas, e gran parte desa poboación concéntrase nos suburbios  das cidades. Daquela, ¿que pasará si unha persoa infectada que aínda non presente os síntomas da enfermidade viaxe en avión a Lagos, Nairobi, Kinshasa ou á Cidade de México?

Partículas de virus do ébolaA segunda posibilidade é algo que os virólogos non están dispostos a declarar públicamente, pero si que se considera en privado: que o virus do Ébola podería mudar e converterse en transmisible por vía aérea.

Ata agora, o Ébola só se transmite a través do contacto directo con fluidos corporales. Pero os virus como o Ébola son cambiantes cando replican, o que significa que o virus pode variar xenéticamente entre unha persoa infectada e a seguinte. A super-evolución do actual virus do  Ébola non ten precedentes;  a día de hoxe hai máis transmisión do virus entre humanos nos últimos catro meses do que probablemente houbo nos últimos 500 a 1.000 anos. E cada nova infección representa billóns de posibilidades de mutación xenética. Si se deran determinadas mutacións, iso significaría que o simple feito de respirar poderíanos poñer en risco de contraer o Ébola. As infeccións poderían propagarse rápidamente a todas as partes do mundo, como sucedeu co virus da influenza H1N1 (gripe porcina) no 2009, despois do seu nacemento en México.

Do que non cabe dúbida é que a gravidade do Ébola xa era elevada cando se comenzaron a producir tantos casos en África. Pero, claro, sentiámonos a salvo e confiados de que o brote non se extenderá ao noso “mundo desenvolvido”. As medidas axeitadas había que tomalas desde o minuto un, desde o caso número un, e sen importar o país de onde se dera. Pero non foi así. Unha vez máis, non nos interesan os problemas dos demais ata que os vivimos nós.  Todo isto non é máis que o resultado  do egoísmo do noso “mundo desenvolvido”.

Moitos debates, moita información pública e variada, pero nada disto serve. A realidade é que non se sabe como actuar, e que nos atopamos en augas totalmente desoñecidas e só a natureza será a que teña o control do que poida ocorrer.

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.