A fenda salarial é sempre preferible á brecha salarial.

A fenda salarial é sempre preferible á brecha salarial.

“Brechas” que cómpre ignorar, “fendas” que cómpre pechar

Cando se fala de 'brecha salarial' ou de 'brecha de xénero', poderíamos utilizar unha palabra mellor

Se preguntara como se lle chama en galego á ‘abertura irregular que aparece na superficie dun obxecto’, seguro que oíría unha chea de respostas diferentes (aquí a Real Academia Galega xunta unha ducia). Aínda que cadaquén teremos un nome que nos resulte máis familiar ou habitual, dous dos máis utilizados son fendagreta.

Pero cando ese significado orixinal adquire valores metafóricos e pasa a referirse á ‘desigualdade que existe entre dous grupos dun mesmo colectivo humano en función dun criterio determinado’, emprégase moito brecha, que nos usos orixinais era ben minoritaria. Así, vemos como se nos fala da brecha de xénero, da brecha inflacionaria ou da  brecha salarial. Que curioso que se escollese esa palabra, non si?

Influirá ao mellor que en castelán se use brecha (brecha inflacionista, brecha digital, brecha de género, brecha salarial…), e non grieta ou calquera outro sinónimo, para referirse a este significado metafórico? Eu apostaría a que si. E se os usos en castelán están condicionando as escollas que facemos en galego, sería ben reflexionar sobre esas escollas.

Iso mesmo parece pensar a Real Academia Galega, pois no seu Dicionario promove o uso de fenda (fenda de xénero ou fenda dixital) para darlle nome a eses conceptos, e nin sequera menciona as expresións encabezadas por brecha. Se entendemos isto como unha recomendación implícita, ao resto das usuarias e usuarios tócanos estendela e aplicala aos casos que (aínda) non aparecen no Dicionario. Por iso…

É mellor usar fenda salarial, fenda inflacionariafenda de… en todo este tipo de expresións que manexan en sentido figurado a idea de ‘separación entre dous elementos’ e que en xeral se corresponden co inglés gap.

Unha resposta a ““Brechas” que cómpre ignorar, “fendas” que cómpre pechar

  1. Concordo que é melhor usar “fenda” do que “brecha”, com certeza, mas considero que é um decalque na mesma do castelhano. No galego normalizado do além Minho usa-se fosso (fosso salarial) que acho que é umha palavra que até recolhe melhor do que fenda o que se quere expressar. Com o fácil que seria olharmos sempre para o bloco linguístico do que é originário o galego, ou mais bem, que o galego originou.

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.