Venres 26 Abril 2024

O lumbrigante americano, un ‘invasor’ e o Tratado Trasatlántico

En pleno debate sobre o escuro Tratado Transatlántico de Comercio e Investimentos (TTIP) , Suecia está a promover a prohibición de importar lumbrigante americano vivo (Homarus americanus) a todos os países membros da Unión Europea. En decembro a Axencia Sueca de Xestión de Augas mariñas e continentais publicou un documento de 89 páxinas no que aparecía en portada  unha fotografía  dun bogavante americano e 13 mencións á súa capacidade de ser considerada como “unha especie exótica invasora”.

Unha vez introducidos nas  augas europeas, serán imposibles de erradicar e probablemente poidan transmitir diversas enfermidades á especie europea de lumbrigante (Homarus gammarus).

Publicidade

Suecia avisa de que estes lumbrigantes americanos poden xerar poboacións híbridas que crezan máis rápido e despracen á especie europea. A Comisión da UE comezará as súas deliberacións sobre a prohibición en xuño.

As vendas de lumbrigante americano vivo a Europa supoñen uns 200 millóns de dólares ao ano.  Os maiores importadores son España, Francia e o Reino Unido. En Suecia o crustáceo máis aprezado é o cangrexo de río, centro dunha tradicional festa de verán.

En 2014 atopáronse ao redor de 24 individuos de lumbrigante americano en Gullmar Fjord na costa oeste de Suecia. Unha das femias americanas portaba ovos fertilizados por un lumbrigante macho europeo.

Descoñécese canto tempo levan os lumbrigantes americanos libres. Segundo o informe algúns lumbrigantes pequenos portaban a goma que se lles poñen aos lumbrigantes importados. Ás veces, algúns importadores manteñen ilegalmente aos individuos en redes ancoradas na costa. Estas redes rompen facilmente facilitando o escape.

Os científicos afirman que o exoesqueleto do lumbrigante americano é máis fino que o do europeo o que os fai máis susceptibles a danos e enfermidades. En xaneiro Noruega prohibiu xa a importación de lumbrigante americano vivo. Noruega e Suecia ofrecen recompensas aos pescadores que capturen lumbrigantes americanos.

Un dos puntos máis debatidos é a afirmación de que os lumbrigantes americanos con pinzas máis fortes e grandes teñen unha vantaxe evolutiva sobre os europeos cando compiten por unha femia. Esta pinza é unha ferramenta necesaria tanto para capturar como para desmembrar unha presa ou para defender o territorio durante a tempada de reprodución. Outros científicos afirman que se o tamaño da pinza fose crucial na evolución e reprodución tamén os lumbrigantes europeos teríana. Atribúen máis importancia a outros factores non relacionados coa pinza e si con feromonas e complexos rituais de reprodución.

O Goberno sueco está en contra e lembra a situación do cangrexo de río europeo ao piques da extinción debido á importación en 1960 do cangrexo de río americano portador de enfermidades para a especie europea.

Moitos pescadores atopan lumbrigantes con cores e aspectos inusuais pero aínda que a cor do caparazón poida dar pistas, a única forma de diferenciar de verdade o Homarus americanus do Homarus gammarus é o ADN.

Outro asunto para o TTIP?

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

As feces dos osos da cordilleira Cantábrica falan… e teñen boas noticias

Un estudo no que participa a USC investiga o estado actual de saúde destes exemplares para impulsar a recuperación das poboacións

Descobren características do VIH compatibles coa súa curación

Científicos de Sevilla estudaron a persoas cuxo organismo é capaz de dominar o virus sen necesidade de tomar un tratamento antirretroviral

O CSIC acha unha combinación de fármacos eficaz fronte ao SARS-CoV-2

A unión de ribavirina e remdesivir consegue eliminar de forma rápida o virus ao inducir un exceso de mutacións no seu xenoma que lle impiden multiplicarse con eficacia

Máis do 90% das crías de pardela cincenta teñen plásticos no estómago

Un estudo en exemplares xuvenís de Canarias e Azores apunta a esta especie como un biomarcador de refugallos flotantes no Atlántico norte