incendio galicia sombras

Sombras

Quen son? Por que o fan? Están organizados?

O terror e a magnitude do desastre son tan grandes que intentar reflexionar en quente sobre o que aconteceu onte, e o que segue acontecendo hoxe, carece de sentido. Incluso escribir, agora mesmo, é inútil, cando sería máis razoable coller un caldeiro e poñerse a axudar en Cervantes, en Baiona ou no Xurés. Poderemos encher centos de parágrafos intentando explicar a influencia de Ophelia, a seca, o 30-30-30, o cambio climático, o eucalipto e o piñeiro, unha tormenta perfecta como a de Pedrógãoxestión forestal, os medios de prevención e extinción ou o desleixo do rural. Pero hoxe aínda é van buscar respostas.

Por desgraza, o mal é un misterio insondable. Porén, ao tempo, estamos armados ata os dentes de boa xente. É por iso que resistimos. As cadeas humanas de onte, a xente que se lanza sen medo contra o lume e entrega a vida para salvar ao veciño, son as mans que antonte baleiraban pinga a pinga o mar de chapapote.

Alén do lume, o peor de todo son as sombras. Asasinos e terroristas que moitas veces parecen aire, espíritos incorpóreos que sementan o terror e se esvaecen entre as árbores sen explicación. Quen son? Por que o fan? Están organizados? A mera sospeita de que poida haber unha complicidade empresarial e/ou institucional, ou polo menos unha irresponsabilidade, detrás de todo isto é tan arrepiante que o máis sensato é pensar ben. Porque se pensamos mal, e resulta que acertamos, a conmoción e a dor serían insoportables. Ou non. Depende. Pode que igual xa o saibamos, e haxa quen prefira pechar os ollos. Porque as sombras son demasiado grandes como para non velas.

Unha resposta a “Sombras

  1. Esther

    Penso que é máis que evidente que todo o inferno que estamos soportando en Galicia non é froito da actuación de dous incendiarios enajenados. A orquestración que calquera pode ver nisto asusta, desde logo, pero non podemos nin debemos mirar a outro lado para tranquilizar o espírito. Isto estivo perfectamente preparado. Hai que ver a onde van os beneficios (que aínda que pareza mentira, haberaos ), de tanta dor. E os máximos responsables, cando menos da prevención, teñen nomes, apelidos e cargos públicos. Non o esquezades.

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.