Venres 19 Abril 2024

A bordo do Sarmiento de Gamboa

Caderno de bitácora:
Atlántico Norte/ 28 de xuño de 2016
Latitude: 43,77 graos Norte
Lonxitude: 17,02 graos Oeste
Aproximadamente a 450 millas náuticas do porto de saída en Vigo

Escrito a bordo por Fiz F. Pérez, director da campaña BOCATS

O pasado día 22 de xuño iniciouse a campaña oceanográfica BOCATS que transcorrerá nas augas do Atlántico Norte a bordo do buque Sarmiento de Gamboa  nun transecto comprendido entre Vigo e Groenlandia, para a continuación navegar cara ao sur ata a dorsal de Reykjanes e continuar o transecto (sección RREX) seguindo a orientación desta cordilleira submarina ata finalizar en Islandia.

Publicidade

BOCATS - Sarmiento de Gamboa en Vigo

Os obxectivos das campaña abarcan aspectos da oceanografía física, química e xeolóxica, agrupando para elo investigadores do Instituto Francés da investigación do Mar (IFREMER), do Instituto de Investigacións Mariñas (CSIC) e da Universidade de Vigo. Dende 1997, este consorcio ven estudando os cambios na circulación termohalina de retorno (CTR). Esta circulación se caracteriza por transportar cara ó norte augas cálidas, salinas e cargadas de CO2 de orixe humana na capas superiores do océano Atlántico (0-800 metros).

‘Participamos 20 científicos, 6 técnicos e 20 experimentados tripulantes’

Estas augas, na zona de estudio, sofren un intenso arrefriamento que provoca o seu afundimento a capas moi profundas e circulando en sentido oposto cara o océano sur. Esta dinámica oceánica, característica especifica do Atlántico Norte, determina as condiciones climáticas, a presenza de especies de corais de auga fría en zonas moi profundas que sustentan ecosistemas de alta diversidade, e tamén fomenta que o océano capte cantidades inxentes de CO2 de orixe humana  de tal forma que a rexión de estudo é a que acumula a maior fracción de CO2 de orixe humana do océano.

Este proceso que atenúa o impacto das emisións de CO2 no clima nun 30%, ten un efecto secundario adverso, coñecido como “O outro problema do CO2”, no que o pH da auga de mar vai diminuíndo paulatinamente a un ritmo de 0.02 unidades de pH por década.

A campaña estuda o proceso polo que o océano Atlántico está a volverse ácido

As condición naturais da auga do mar mostran un pH debilmente básico debido á actividade sintética de fitoplancto mariño que permite que as especies mariñas con estruturas carbonatadas podan desenvolverse. O descenso do pH, coñecido como acidificación oceánica, esta conducindo a condicións adversas para os moluscos bivalvos e tamén para os corais de augas frías do Atlántico Norte.  Na campaña BOCATS se avaliará tanto os cambios de circulación termohalino de retorno como a taxas de acidificación das distintas masas de auga presentes na rexión, así como os ritmos de acumulación e transporte oceánico do CO2 de orixe humana.

Unha faceta novidosa desta campaña oceanográfica é a incorporación do estudo da dinámica sedimentaria motivada por recentes investigacións que apuntan que existe un fluxo de material orgánico extraordinariamente alto.

A equipa de traballo a bordo do Sarmiento de Gamboa está integrada por 20 científicos das institucións arriba citadas, así como 6 técnicos da Unidade de Tecnoloxía Mariña responsable do equipamento científico do buque, así como 20 tripulantes experimentados en campañas oceanográficas. O Sarmiento de Gamboa ofrece un servizo moi importante para a investigación oceanográfica en España e participa de moitas campañas tendo a súa base no porto de Vigo. Ten unha gran variedade de equipos científicos e técnicos para Oceanografía, Bioloxía Mariña e Xeoquímica, así como equipos de laboratorio e auxiliares. Tamén incorpora o máis avanzado en termos de tecnoloxías de sistemas de navegación.

Ler o seguinte post de ‘A bordo do Sarmiento de Gamboa’
titulado ‘Tocando fondo a 4.000 metros’

3 COMENTÁRIOS

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Descobren características do VIH compatibles coa súa curación

Científicos de Sevilla estudaron a persoas cuxo organismo é capaz de dominar o virus sen necesidade de tomar un tratamento antirretroviral

O CSIC acha unha combinación de fármacos eficaz fronte ao SARS-CoV-2

A unión de ribavirina e remdesivir consegue eliminar de forma rápida o virus ao inducir un exceso de mutacións no seu xenoma que lle impiden multiplicarse con eficacia

Máis do 90% das crías de pardela cincenta teñen plásticos no estómago

Un estudo en exemplares xuvenís de Canarias e Azores apunta a esta especie como un biomarcador de refugallos flotantes no Atlántico norte

Un hidroxel permite cultivar células neurais para reparar lesións medulares

O material desenvolvido polo CSIC combínase con campos magnéticos, un avance na busca de novas terapias