Xoves 18 Abril 2024

Zeta Oph: unha estrela fuxidía

Zeta Oph: estrela fuxidía
Créditos da imaxe: NASA, JPL-Caltech, Spitzer Space Telescope.

Explicación: coma un barco abríndose paso ao través dos mares cósmicos, a estrela fuxidía Zeta Ophiuchi produce a onda de cinterestelar en forma de arco ou onda de choque que se olla neste espectacular retrato infravermello. Na imaxe en falsa cor, a azulada Zeta Oph, unha estrela unhas 20 veces máis masiva có Sol, sitúase preto do centro do cadro, movéndose cara a esquerda a 24 quilómetros por segundo. O seu potente vento estelar a precede, comprimindo e quecento o poeirento material interestelar e dándolle forma áo curvado fronte de choque. Ao redor están as nubes de material relativamente tranquilo. Que mantén a esta estrela en movemento? Probablemente Zeta Oph fora unha vez membro dun sistema estelar binario, a súa estrela compañeira sería máis masiva e polo tando viviu menos tempo. Cando a compañeira estoupou coma unha supernova perdendo masa de xeito catastrófico, foi expulsada do sistema. A uns 460 anos luz de distancia, Zeta Oph é unhas 65.000 veces máis luminosa có Sol e sería unha das estrelas máis brillantes do ceo se non estivera arrodeada polo po escurecedor. A imaxe abarca uns 1,5 graos ou 12 anos luz á distancia estimada de Zeta Ophiuchi.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

LIA (2), pioneiros galegos no desenvolvemento da intelixencia artificial na astronomía

O grupo da UDC recibiu o Premio Spin-Off PuntoGal na edición 2023 pola súa traxectoria de éxito

Un novo exoplaneta desafía as teorías clásicas de formación planetaria

Un equipo de astronónomos descobre LHS 3154b, cunha masa similar a Neptuno, orbitando preto dunha estrela anana de moi baixa masa

Descubertos seis exoplanetas que ‘bailan’ de forma sincronizada arredor da súa estrela

Os planetas posúen unha configuración que apenas cambiou desde hai máis de mil millóns de anos

Begoña Vila: “Atoparemos probabilidades de vida noutro planeta”

Co gallo do décimo aniversario de Gciencia, a astrofísica da NASA analiza a divulgación dos achados cósmicos e a busca de vida intelixente