Mércores 24 Abril 2024

Encolle a Gran Mancha Vermella

Créditos da imaxe: NASA, ESA, Amy Simon (GSFC), Michael Wong (UC Berkeley), Glenn Orton (JPL-Caltech)
Créditos da imaxe: NASA, ESA, Amy Simon (GSFC), Michael Wong (UC Berkeley), Glenn Orton (JPL-Caltech)

Explicación: dous mapas globais relevantes das nubes altas en franxas de Xúpiter poden compararse con só esbarar o teu cursor sobre esta proxección definida (ou segue esta ligazón) realizada con datos de imaxes do Telescopio Espacial Hubble Space Telescope. Ámbalas dúas captáronse o 19 de xaneiro, durante as rotacións de 10 horas consecutivas do xigante dominado polo gas, as proxeccións do planeta completorepresentan a primeira dunha serie de retratos planificados anualmente polo programa ROuter Planet Atmospheres Legacy (ou Legado de Atmosferas de Planeta Exterior). Comparando as dúas destácanse os movementos das nubes e as medidas de velocidades do vento da dinámica atmosférica do planeta. De feito, a Gran Mancha Vermella, a famosa tormenta xiratoria de longa duración, fachendea de ventos de 300 millas por hora, ollándose un filamento xiratorio e serpeante. As imaxes confirman que a Gran Mancha Vermella está aínda a encollerse, pero todavía é máis grande có planeta Terra. Posando preto dela (parte inferior dereita) está o Óvalo BA, tamén coñecido coma Mancha Vermella Júnior.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A seguinte eclipse solar total será en 2026 e si, poderase ver dende Galicia

Dentro de dous anos, o fenómeno observarase en todo o seu esplendor na zona oeste do territorio galego arredor das 20:20 horas
00:00:00

A NASA retransmite en directo a eclipse solar total

O fenómeno astronómico poderase desfrutar en México, Estados Unidos e Canadá, e en Galicia só de forma parcial

Un mapa da NASA alerta da subida do mar en Galicia e revela as zonas máis afectadas

Unha ferramenta dixital baseada nos datos científicos do Sexto Informe do IPCC ofrece unha proxección sobre as subidas do nivel do mar en todo o mundo ata 2150

Envía o teu nome a Xúpiter nunha misión espacial da NASA

Dende a axencia lanzarán unha botella que leva tamén un poema da escritora estadounidense Ada Limón