Créditos da imaxe e copyright: John Gleason

Créditos da imaxe e copyright: John Gleason

Xogo de cunchas na Gran Nube de Magallaes

O gas ionizado corusca en cores azuis e vermellas nesta imaxe astronómica

Créditos da imaxe e copyright: John Gleason

Créditos da imaxe e copyright: John Gleason

Explicación: a Gran Nube de Magallanes (LMC), unha vista atraente dos ceos meridionais, óllase aquí mediante filtros de banda estreita. Os filtros están deseñados para transmitir só a luz emitida polos átomos ionizados de xofre, hidróxeno e osíxeno. Os átomos, ionizados pola potente luz estelar, emiten a súa luz característica cando os electróns son recapturados e os átomos realizan a transición a un estado de menor enerxía. Coma resultado, esta imaxe en falsa cor de LMC semella cuberta de nubes con forma de cunchas de gas ionizado que arrodea a estrelas novas e masivas. As nubes brillantes, esculpidas polos fortes ventos estelares e a radiación ultravioleta, están dominadas pola emisión do hidróxeno e son coñecidas coma rexións H II (hidróxeno ionizado). A propia nebulosa Tarántula, composta tamén por cunchas que se solapan, é a gran rexión de formación estelar por riba do centro. A LMC, satélite da nosa galaxia Vía Láctea, ten uns 15.000 anos luz de tamaño e atópase a só 180.000 anos luz de distancia na constelación Dorado.

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.