Créditos da imaxe: Bill Brinkman; Cortesía: Paula Rocco

Créditos da imaxe: Bill Brinkman; Cortesía: Paula Rocco

A xistra na Península Superior de Michigan de 1938

Mentres a neve caía e os ventos furacanados amorearon a neve ata alturas surrealistas

Créditos da imaxe: Bill Brinkman; Cortesía: Paula Rocco

Créditos da imaxe: Bill Brinkman; Cortesía: Paula Rocco

Explicación: si pero, pode facer isto a túa xistra? Na “tormenta do século” da Península Superior de Michigan en 1938, algunhas moreas de neve chegaron ao nivel dos postes. Preto dun metro de neve nova e inesperada caeu durante dous días nunha tormenta que comezou haberá 80 anos. Mentres a neve caía e os ventos furacanados amorearon a neve ata alturas surrealistas; moitas estradas fixéronse non só intransitables senón impracticables; a xente ficou atoada; os coches, os autobuses escolares e un tren víronse atrapados; e incluso propagouse un perigoso lume. Afortunadamente só morreron dúas persoas, aínda que algúns estudantes víronse na obriga de perder varios días seguidos na escola. A imaxe superior tirouna un residente local xusto trala tormenta. Aínda que toda esta neve se fundiu ao fin, tormentas de neve que se repetiron como esta axudaron a formar os últimos glaciares das rexións nevadas do noso planeta Terra.

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.