Venres 29 Marzo 2024

Xeoloxía de Plutón

Créditos da imaxe: NASA, Johns Hopkins Univ./APL, Southwest Research Inst.
Créditos da imaxe: NASA, Johns Hopkins Univ./APL, Southwest Research Inst.

Explicación: Plutón chega á luz dos focos. Mentres a sonda espacial automática New Horizons se bota enriba desde mundo inexplorado do afastado Sistema Solar, fanse evidentes novas características da súa superficie. Na imaxe amosada que se tirou o xoves pasado e publicada onte, unha estraña estrutura poligonal duns 200 quilómetros de ancho pode ollarse na esquerda, mentres xusto por baixo un terreo relativamente complexo atravesa diagonalmente o planeta anano. As imaxes e os datos da New Horizon destas estruturas probablemente serán estudadas durante anos nun esforzo para comprender mellor a historia xeolóxica de Plutón e o noso Sistema Solar. Tras sufrir unproblemático fallo técnico a semana pasada, a New Horizons fará o seu históricosobrevoo de Plutón e as súas lúas o martes.

1 comentario

  1. Bravo por estes estudos. Agardemos que se arranxen os problemas e se melloren as técnicas xunto coas pescudas para poder entendermos todos mellor os por qués da influencia tan grande da intensidade enerxética deste planeta sobre nós

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un mapa da NASA alerta da subida do mar en Galicia e revela as zonas máis afectadas

Unha ferramenta dixital baseada nos datos científicos do Sexto Informe do IPCC ofrece unha proxección sobre as subidas do nivel do mar en todo o mundo ata 2150

Envía o teu nome a Xúpiter nunha misión espacial da NASA

Dende a axencia lanzarán unha botella que leva tamén un poema da escritora estadounidense Ada Limón

O galego aos mandos da dinámica orbital da NASA: “O espazo parecíame ciencia ficción”

Andrés Dono entrou na administración espacial americana con 24 anos para facer unhas prácticas. Unha década despois lidera o equipo que deseña a traxectoria dos satélites

Begoña Vila: “Atoparemos probabilidades de vida noutro planeta”

Co gallo do décimo aniversario de Gciencia, a astrofísica da NASA analiza a divulgación dos achados cósmicos e a busca de vida intelixente