Explicación: Plutón chega á luz dos focos. Mentres a sonda espacial automática New Horizons se bota enriba desde mundo inexplorado do afastado Sistema Solar, fanse evidentes novas características da súa superficie. Na imaxe amosada que se tirou o xoves pasado e publicada onte, unha estraña estrutura poligonal duns 200 quilómetros de ancho pode ollarse na esquerda, mentres xusto por baixo un terreo relativamente complexo atravesa diagonalmente o planeta anano. As imaxes e os datos da New Horizon destas estruturas probablemente serán estudadas durante anos nun esforzo para comprender mellor a historia xeolóxica de Plutón e o noso Sistema Solar. Tras sufrir unproblemático fallo técnico a semana pasada, a New Horizons fará o seu históricosobrevoo de Plutón e as súas lúas o martes.
Bravo por estes estudos. Agardemos que se arranxen os problemas e se melloren as técnicas xunto coas pescudas para poder entendermos todos mellor os por qués da influencia tan grande da intensidade enerxética deste planeta sobre nós