Créditos da imaxe e copyright: Stéphane Guisard (Los Cielos de America), TWAN

Créditos da imaxe e copyright: Stéphane Guisard (Los Cielos de America), TWAN

Xemínidas sobre Atacama

Créditos da imaxe e copyright: Stéphane Guisard (Los Cielos de America), TWAN

Créditos da imaxe e copyright: Stéphane Guisard (Los Cielos de America), TWAN

Explicación: desde un punto radiante na constelación dos Xemelgos, a chuvia anual de meteoros das xemínidas caen sobre o planeta Terra. Esta noite, as xemínidas chegan ao seu máximo e podería ser bastante espectacular. Porén, a imaxe combinada publicada, captaba un máximo impresionante da chuvia do ano 2012. A fermosa paisaxe celetes recompilaba encantadoras estrelas fugaces das xemínidas unha coidadosa composición de 30 exposicións, cada unha de 20 segundos, desde a escuridade do deserto chileno de Atacama sobre o Observatorio Paranal do ESO. No primeiro plano os catro Telescopios Moi Grandes do Paranal, catro Telescopios Auxiliares e o telescopio de sondaxes VLT están todos abertos e observando. O ceo superior está compartido co brillante Xúpiter (esquerda), Orión (arriba á esquerda) e unha luz feble da Vía Láctea. O po varrido da órbita do asteroide activo 3200 Phaethon, os meteoros das xemínidas entran na atmosfera da Terra viaxando a uns 22 quilómetros por segundo.

18 de decembro: charliña no proxecto Escépticos no Pub, en Compostela, con imaxes do APOD. Con X. Dosi Veiga, o tradutor deste lugar.

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.