Volcán de Fuego en Guatemala en erupción

Volcán de lume en erupción baixo as estrelas

Volcán de lume en erupción baixo as estrelas

Créditos da imaxe e copyright: Diego Rizzo.

 

Explicación: Primeiro houbo un estraño cheiro. Despois houbo un estoupido ruidoso. Pero o que apareceu á vista foi o máis abraiante de todo. Mentres agardaba preto da medianoite para ollar a posible erupción do Volcán de Fuego (Volcán de Lume) de Guatemala o mes pasado, unha cámara lista capturou esta imaxe extraordinaria. Pode verse á lava correndo pola aba do volcán, mentres as cinzas se erguen, e burbullas de magma brillantes explosionan fóra da caldeira. Poden ollarse luces preto na cidade de Escuintla ao fondo, unha das varias cidades achegadas que presenciaron varias erupcións espectaculares previamente. No máis alto, aparentemente tranquilas en comparación, están as estrelas familiares no ceo nocturno. Aínda que normalmente o Volcán de Fuego experimenta actividade de baixo nivel, descoñécese cando ocorrerá a vindeira erupción espectacular.

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.